Obituario | Luis Iglesias, apagouse unha voz amiga

Nacemos, vivimos e morremos. Mais a morte endexamáis é benvida.”

Onte deixounos un amigo e gran colaborador da Asociación Cultural Agromadas:

Luis Iglesias. Foi Luis unha desas persoas que na súa andaina vital deixa o arrecendo da amizade e da boa veciñanza; deixa o sabor desas boas persoas que pasan pola terra sinalando unha estela a imitar. E por iso, cando se vai esa xente, a tristura invade as anosas almas e a dos compañeiros desta Asociación Cultural.

Luis na súa longa vida (94anos) foi unha persoa que soportou coa súa dona a tristura da emigración. E nese camiñar cara as américas sofriu a morte dun fillo.

Logo, cando volveu á terra que o viu nacer, foi unha persoa comprometida co seu pobo e un gran colaborador en todo aquelo que significaba mellorar Seixalbo. Amante da música, pois ate entrados os noventa, a súa voz limpa e clara de tenor sonaba nos grupos posteriores a aquela exitosa Coral Agromadas na que el participoutan activamente.

Neste outono, apagouse unha voz amiga, unha persoa amante da cultura e un veciño exemplar

No corazón dos que formamos a familia de Agromadas e de todos os seixalbeses sempre quedará o recordo dun amigo e tamén dunha persoa querida que nos deixa un chisco orfos a todos. Sirvan esta verbas pra testimoniar un sentido pésame a súa filla Marisa, netos e demais familia. A vida sigue amigo Luis, e nós non te esqueceremos.

Contenido patrocinado

stats