"QUERO SER INVESTIGADORA"
Fóra dos laboratorios da UVigo tamén hai investigadoras sen bata
LITERATURA
Alumnos e docentes da provincia disfrutaron onte dunha xornada lonxe das aulas para celebrar a tradicional Festa da Lingua, unha actividade que ten como obxectivo potenciar entre os máis cativos o uso do galego. O punto de encontro deste ano foi o salón de actos do colexio Maristas.
Estaban convidados máis de 600 mozos dos colexios da provincia adscritos á Federación Española de Relixiosos da Ensinanza de Galicia(Ferega); é dicir, A Purísima, Miraflores, Carmelitas, Maristas, Franciscanas, Josefinas, Salesianos e Sagrado Corazón de O Carballiño. Desta vez, tocoulles afinar as súas cordas vogais para cantar e recitar poemas do nado en Outeiro de Rei Manuel María, escritor ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Unha mañá de diversión "na que nos xuntamos tódolos colexios para rendir homenaxe á figura de Manuel María", explicou Mara Ruiz, alumna de Josefinas, de 10 anos. Unha idea compartida por Anselmo Iglesias, de Maristas, que destacou que a de onte foi unha xornada "moi bonita na que sempre se aprenden novos poemas do escritor". O público tamén tivo a oportunidade de disfrutar do espectáculo que a compañía Tropa de Trapo tiña preparado para a ocasión.
A coordinadora galega dos equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da comarca de Ourense, René Forneiro, explicou que a actividade "se celebra en varias cidades de Galicia e á que asisten os alumnos que participaron na lectura dos libros finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento". O ano pasado tivo lugar no Auditorio Municipal e o obxectivo é que a Festa da Lingua vaia rotando por tódolos centros da provincia levando música e obras de teatro en galego.
O sentimento común dos mestres alí reunidos era a necesidade de organizar máis actividades deste tipo nas que potencia o uso do galego e o coñecemento sobre a cultura de Galicia. "É fundamental promover actividades a prol do galego, unha lingua de moitos séculos e que forma parte da nosa identidade. Sen embargo, cada vez son máis escasas", destacaron varios profesores.
A Deputación de Ourense tamén contribuiu á celebración da actividade, agasallando cun lote de libros aos centros participantes.
A xornada rematou cun recital de poemas de Manuel María, entre eles, "A fala", no que o chairego destacaba que "O idioma é a chave/ coa que abrimos o mundo; /o salouco máis feble,/ o pesar máis profundo".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"QUERO SER INVESTIGADORA"
Fóra dos laboratorios da UVigo tamén hai investigadoras sen bata
HORIZONTE DE INCERTIDUMBRE
Ourensanos con plaza en Justicia siguen sin tomar posesión del cargo
184 CASOS POR CADA 100.000 HABITANTES
Ourense, a la cabeza española en prevalencia de casos de esclerosis múltiple
Lo último