EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Na aldea de Barbadás, no concello do mesmo nome, recuperaron este ano unha tradición centenaria e que cada vez é máis atípica: cantar os Reis. Antigamente, nas festas de Nadal era costume ir cantar polas casas. Grupos de mozos percorrían as aldeas ou parroquias interpretando pezas populares que se transmitían oralmente ao longo dos séculos. A cambio recibían un aguinaldo, xeralmente en especies (viño, chourizo, touciño, doces..), que despois consumían facendo unha festa ou foliada.
O Museo da Gaita de Fole (dependente do Concello de Barbadás) e os pequenos alumnos de pandeireta da escola de música Nova Fronteira recuperaron esta tradición hai uns días. O director da escola, Pablo Martínez, explica que a idea naceu “como forma de que os nenos amosaran o aprendido durante o ano. Non queriamos facer un típico concerto de Aninovo ou de Nadal, así que optamos por recuperar esta tradición que dá un ambiente moito máis animado ca un festival”. Deste xeito, algo máis dunha ducia de alumnos entre 4 e 12 anos, acompañados dun grupo de adultos, armáronse de pandeiretas, gaita, bombo, tambor, clarinetes e cunchas e pasearon as casas e o bar do núcleo para recuperar unha tradición “completamente perdida”.
Martínez confesa que os cativos “non sabían moi ben ao que ían. Tiñan moita gana de ir actuar, pero non tiñan nin idea da tradición. O importante é que o pasaron en grande”, subliña. O final deste roteiro foi no bar da aldea, onde agardaban os pais destes pequenos músicos. Alí interpretaron varias panxoliñas e foron obsequiados “con churros e chocolate”. Pero os nenos non foron os únicos que o pasaron ben. “Os veciños da aldea quedaron encantados e, ademais de dar o aguinaldo, houbo quen se uniu a cantar con nós”, destaca. Tanto éxito tivo que os veciños pedíronlle repetilo o ano que vén, algo que Martínez dá “case por seguro. É máis, trataremos de ter unha data fixa”.
Primeira parada dos Reis Magos
Pode que atraídos polas panxoliñas destes cativos, os Reis Magos optaron polas aldeas de Barbadás para facer a súa primeira parada na provincia. O seu roteiro comezou ás 16,00 horas de onte na aldea de Loiro, onde tiveron un recibimento a golpe de música. Dende aí, pasaron por Bentraces, Sobrado do Bispo, Pontón, Barbadás, As Lamas, Finca Fierro, Parada, Piñor, Santa Uxía e remataron o seu percorrido na rotonda da Familia da Valenzá. No seu paseo, atenderon todas as peticións dos nenos para o día 6.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
PROBLEMAS DE CIRCULACIÓN
Xinzo anulará su desfile si persiste la tractorada en la A-52
AMPLIA RED DE SERVICIOS
Leiro y Carballeda rompen la sangría demográfica comarcal
gestión y distribución
La ourensana Cogesa gestionará el banco de sangre de Cantabria