Manifestacións de xubilados en Ourense polas pensións, as máis baixas de España
PENSIONES DE JUBILACIÓN
Ourense sitúase como a cidade coas pensións de xubilacións máis baixas do estado
A pensión media galega é case 15 puntos menos que a contía estatal, chegando os 173 euros menos ao mes. Isto sitúa a Galiza de segunda, pola cola, coas pensións máis baixas de todo o Estado. Porén, na provincia de Ourense a pensión media si é a máis baixa.
Por iso o colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG mobilizouse esta mañá nas sete cidades galegas para demandar que se fixe por lei a igualación das pensións mínimas e do SMI, que “debería ser de 1.253€, que é o 60% do salario medio, tal e como se recolle na Carta Social Europea”. Mais tamén para que se revaloricen conforme o IPC acumulado a final de ano e que se recupere o poder adquisitivo perdido coa introdución, en 2021, do índice do IPC medio.
As segundas pensións máis baixas do Estado
Os datos que aportan as e os pensionistas son claros. A pensión mínima contributiva está, na actualidade, fixada en 825,20 euros ao mes. E o que é máis grave, a pensión mínima non contributiva é de 517,90 euros. Contías que, en ambos os casos consideran “claramente insuficientes para unha vida minimamente digna dada a constante escalada de prezos”.
Ademais as mulleres pensionistas galegas cobran de media 421,88 euros menos que os homes, situando a fenda de xénero das pensións no 33,6%. Isto é así porque aos 65 anos a fenda das cotizacións é de 11 anos, xa que “mentres os homes teñen de media cotizados 35,6 anos, as mulleres teñen 24 anos e medio”.
Xunto a isto o colectivo alerta de que actualmente, “ningún galego e ningunha galega cando chega aos 65 anos ten de media os 38 anos e medio que se requiren para se poder xubilar a esa idade”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CRECIMIENTO DEMOGRÁFICO
Gráfico | España roza los 50 millones de habitantes tras alcanzar un nuevo máximo histórico
DISCUSIÓN EN LA VÍA PÚBLICA
Investigan como asesinato el atropello mortal de Ames al apreciar alevosía
FESTA DO PULPO
Cartel musical del Pulpo Fest 2026
ESPECTÁCULO
Tarde de magia sorprendente para toda la familia