GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
Decana da Facultade de Educación e Traballo Social
Mar García Señorán é decana da Facultade de Educación e Traballo Social dende hai seis anos. Antes xa estivo catro no vicedecanato do centro. Agora esgotou os dous mandatos pero a pandemia paralizou o proceso electoral, polo que se prolongou a sua estancia nun cargo que, para este curso, lle permite desfrutar dun auxe na demanda das titulacións de Educación. Aínda que sempre xeran interese, os datos de matrícula para o ano máis incerto son moi bos. Por exemplo, Educación Primaria foi unha das catro únicas titulacións do Campus que pecharon o cupo de prazas na primeira chamada de matrícula. O resto de disciplinas–Infantil, Educación Social e Traballo Social–seguiron a mesma estela. Non só non hai vacantes, se non que a nota de acceso incrementouse ata o notable alta na maioría dos graos.
Igual que coas carreiras sanitarias, Educación nota un auxe da demanda. Influiu o covid?
É difícil cuantificar a influencia. O que fixo a crise sanitaria foi aumentar a sensibilidade e a empatía ante os máis vulnerables. É posible que moitos mozos, a raíz disto, desexen formarse para dedicarse a esta fermosa profesión na que cada día temos a oportunidade de mellorar o mundo.
O confinamento serviu para que a sociedade se dera conta da importancia da Educación?
Si. Os docentes non solo ensinan, tamén median no proceso de ensinanza-aprendizaxe. A escola desenvolve un papel crucial como compensador de desigualdade, o illamento reduciu esta función compensatoria ata facela desaparecer en moitos casos. Moitos nenos só poden aprender na escola.
Reforzouse o valor dos mestres ou son os grandes olvidados?
Durante o confinamento, probablemente se visibilizaron máis as profesións vinculadas coa saúde e non se resaltou o gran traballo que fixeron os docentes, pero a sociedade é consciente da importancia dos profesionais dos servizos esenciais, nos que está a Educación.
É decana da facultade que formará ás xeracións futuras, enfróntanse a un futuro incierto.
A formación dos futuros mestres é unha gran responsabilidade. A educación contribúe a unha mellor sociedade e a prepara para evitar ou afrontar crises como a que estamos vivindo.
Que lle preocupa de cara o inminente inicio de curso?
A situación sanitaria, o aumento de casos é a preocupación maior.
É segura a presencialidade?
Temos contemplada a presencialidade nos grupos medianos e pequenos. Nos grupos grandes de 70-90 estudantes a docencia será non presencial e impartirase dende as aulas virtuais, evitando a masificación de aulas e a circulación de persoas. Hai que ter en conta que esta facultade ten máis de 1.600 estudantes.
A facultade, antes de Educación, engadiu o apelido de “Traballo Social". Que supón esta disciplina para Ourense?
Temos a única facultade pública de Galicia que ofrece estes estudos con grande demanda e proxección. As características demográficas e socioeconómicas fan especialmente interesante que este grao estea na nosa provincia, xa que gran parte dos retos aos que nos enfrontamos teñen que ter en conta os factores e a intervención social.
A pandemia favoreceu que alumnado ourensán que pretendía estudar fóra optase por Ourense finalmente?
Posiblemente algún estudante que pretendía estudar fóra optase por facelo en Ourense; a pandemia tivo un gran impacto a nivel económico e moitas familias non poderán pagar a estancia en outras cidades. Pero é un factor que afectará a todas as titulacións e campus.
O centro foi pioneiro en impartir o 80% das asignaturas en galego. Como funciona o proxecto?
Co plan de normalización lingüística animouse máis profesorado e a implantación mesmo supera as expectativas iniciais que tiñamos.
Cales son os retos aos que se enfronta neste curso poscovid?
O principal reto é conseguir que se desenvolva o curso académico con normalidade, que a comunida educativa poida realizar de forma segura e satisfactoria o seu traballo, e que todos os estudantes se sintan o máis cómodos posibles e non supoña ningún trastorno na adquisición de competencias.
Cal é o seu logro como decana de Educación e Traballo Social?
Destacaría a avaliación positiva de todos os títulos da facultade. Renovouse a acreditación e conseguíronse selos de calidade. As infraestructuras do centro melloráronse, ampliáronse os convenios e colaboracións coas institucións... Potenciamos unha facultade máis inclusiva, visibilizando todas as titulacións do centro. Sentinme moi apoiada, pola miña equipa e polo PDI e PAS do centro, e moi comprendida polos membros da equipa reitoral. Estou moi satisfeita do clima de traballo e cooperación tanto no propio centro, como cos demais decanos e directores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
PRIMERA PRUEBA DEL AÑO
“Cohete” Suárez gana el Rally de la Nucia tras pinchar Jorge Cagiao
SÉPTIMO EN AÑO Y MEDIO
Cuba sufre segundo apagón total en menos de una semana