MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
ENTREVISTA
O universo no que se desenvolve a obra "O aloumiño dunha estrela" da compañía Avoa Youja, que se representa hoxe as 17,00 horas no Teatro Principal dentro da MOTI,"ofrece os pequerrechos a posibilidade de tocar a bóveda celeste cos seus propios dedos". Non resulta casual o feito de que a obra, pensada para nenos de entre 0 e 4 anos, sexa "unha invitación a vivir dun modo sensorial todo o que alí vai a suceder", tal como explica a actriz Marta Faílde.
Como se embarca ó espectador nunha viaxe sensorial?
A obra é totalmente unha experiencia. Hai moitos obxectos lumínicos, cousas que cheiran e outras que se moven. Facemos que caían gotiñas de auga e vemos descender pétalos dende un globo aerostático. Ademais, Fran toca a arpa en directo.
Que se consegue transmitir con estos elementos?
Imos máis alá da narrativa lineal, nun senso tradicional, e conseguimos crear unha serie de atmosferas e estímulos cos que resulta máis sinxelo chegar a un público tan cativo.
Como se introducen os nenos na experiencia?
O rematar a parte escénica, ofrecemos a posibilidade de que os nenos entren no espazo escénico que antes ocupabamos nós, nunha parte que denominamos de exploración. Deste xeito, poden introducirse dentro da estructura con forma de cúpula e xogar cunha cidade feita de bambú e velcros, mentres soa música tradicional de arpa.
Que peculiaridade comparte a escenografía?
Dende o principio tivemos claro que neste espectáculo nos apetecía que todos os materiais fosen naturais. E foi así como xurdiu unha escenografía composta por bambú, papel reciclado e tecidos naturais, deixando de lado os plásticos.
Que representan iniciativas como a MOTI?
Axúdanos sobre todo a crear costume, non nos podemos olvidar do teatro e da importancia de chegar con él as familias. E, sobre todo, temos que aproveitar un regalo tan marabilloso como é ter un festival de teatro infantil na cidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
NEGOCIACIÓN DE 2027
Trabajo descarta una subida extraordinaria del SMI este año
A VEIGA, CONCELLO QUE MÁS RECIBE
Destinados más de 1.300.000€ a Ourense para la reconstrucción de zonas afectadas por los incendios de 2025
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla