SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Forte, valente e de carácter. Traballa na casa e fóra dela. Coida dos fillos e dos pais -ás veces, incluso dos que non son os seus- e coñece mellor que ninguén que é iso de “conciliar”, pois dende sempre non tivo máis opcións que facelo. Ser unha muller do rural aporta un carácter especial e un xeito de afrontar a vida que, co paso dos anos, vólvese aínda máis valeroso. Artistas como Yoseba Muruzábal -que levou a distintos puntos de Galicia, incluido Ourense, a súa serie “Fenómenas do rural”- destacan especialmente as avoas dos pobos e esa “forza real” que lles proporciona o campo e que fai que nada se lles resista independentemente da idade que poidan ter.
Este venres conmemorouse o Día Internacional das Mulleres Rurais, unha celebración que en Ourense, unha provincia cunha importante extensión de núcleos rurais, cobrou especial relevancia como así se puxo de manifesto con diferentes iniciativas promovidas dende asociacións de mulleres e centros de desenvolvemento rural. Precisamente, dende o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso -dende onde se promoveu unha visita a Parada de Ribeira para coñecer, en primeira persoa, a Dama da Lagoa ou Limuhe, unha escultura feita por Xosé Lois Carreira para homenaxear o empoderamento feminino- aproveitaron para lembrar todo o que significa ser unha muller no rural e o papel dela como coidadora, traballadora e vínculo familiar e de unión.
Do mesmo xeito, en Medeiros de Monterrei quixeron destacar esa contribución deixándoa por escrito. En carteis violetas, varias mulleres reflexaron as súas aportacións ao mundo rural: “afouteza”, “transmisión da historia”, “conservación da lingua e da cultura” ou “soporte e coidados” foron algúns exemplos. “Estamos rodeados e rodeadas de mulleres fortes, valentes e con historias moi persoais dentro da nosa contorna”, apuntaron dende Portas Abertas.
Como mostra da súa solidariedade e entrega aos demais, a Asociación de Mulleres Rurais de Entrimo conmemorou o seu día doando produtos naturais e colleitas das súas propias hortas a aquelas persoas máis necesitadas. “Concienciadas sobre los actuales problemas relacionados con el hambre y también con el medioambiente y también preocupadas por la alimentación y la salud, quisimos aportar nuestro granito de arena a la lucha contra esta necesidad que pasan cada vez más familias, así como mejorar la oferta de productos basados en lo ecológico y en lo artesano. Respetuosos con el medio ambiente, libres de pesticidas, aditivos químicos y sustancias transgénicas”, comentaron dende a Asociación de Mulleres Rurais de Entrimo que, cada ano, involúcrase ademais noutras iniciativas solidarias como a recollida de tapóns ou roupa.
En Padrenda, Boa Vida Rural conmemorou o Día Internacional da Muller Rural cunha merenda-presentación da exposición de debuxos e fotografías que participaron no primeiro certame “Diversas e Rurais” organizado en Pontedeva e Padrenda. A Mancomunidade Terra de Celanova, pola súa banda, escolleu as redes sociais para celebrar esta xornada e visibilizar o labor que levan a cabo as mulleres dando vida aos pobos.
A Escola Rural de Saúde da Limia, involucrada no empoderamento feminino, puxo en marcha o programa “Mulleres”, que percorrerá a comarca dando a coñecer “a importancia das mulleres na construcción da cidadanía do rural”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 1 de febrero
Lo último
MÁXIMA PRECAUCIÓN
Galería | Las lluvias anegan los campos de A Limia y arruinan el cereal
SEGUNDA FEDERACIÓN
Parrilla, de la UD Ourense: “Creo que podemos aspirar a algo más”
Ante el silencio del ministerio
El PP pide saber hasta cuándo durarán los límites de velocidad en el AVE
REINVENCIÓN DE LAS ESTACIONES DE SERVICIO
Las gasolineras amplían su oferta de servicios en el rural de Ourense