ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
DESENVOLVEMENTO RURAL
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou onte A Peroxa, onde foi recibida polo alcalde, Manuel Seoane, para coñecer diversas iniciativas apoiadas pola Consellería para contribuír ao desenvolvemento das zonas rurais cun investimento de máis de 150.000 euros.
Neste sentido, a conselleira visitou o Museo do Lebre, unha proposta de recuperación etnográfica nada co obxectivo de revalorizar a figura do Lebre de Casarizas, un artesán e inventor que trouxo a innovación ás tarefas do campo. As instalacións contan tamén cun punto de información para ofrecer asesoramento aos visitantes, así como datos doutros lugares de interese a nivel turístico. Medio Rural, a través da intervención Leader, colaborou cunha achega de preto de 66.000 euros xestionada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou para a súa posta en marcha.
A conselleira visitou tamén algúns dos camiños que se mellorarán ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-2026, co que se actuará en Ferradal, O Val, O Souto, Corvelle-Gueral e Corneda-A Touza, cun investimento de preto de 70.000 euros. A maiores, Medio Rural destinou preto de 20.000 euros para un proxecto de saneamento en Gueral.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
RÉCORD HISTÓRICO DE VOLUNTADES
Los testamentos vitales se duplican en Ourense durante el último año hasta superar los 500
Lo último