O mellor docente español é un profesor ourensán
Alexandre Sotelino acaba de ser recoñecido cos "Goya" da Educación Universitaria que concede Abanca
Alexandre Sotelino (Ourense, 1986) xa é o mellor docente universitario de España. Os premios “Educa Abanca” recoñeceron onte a este pedagogo ourensán, profesor na Universidade de Santiago de Compostela (USC), como o máis destacado da ensinanza superior. Esta era a terceira ocasión na que os alumnos o nominaban a mellor profesor, pero nunca se colocara no primeiro posto dos “Goya” da Educación. O recoñecemento sorprendeuno nun congreso en Madrid. “A verdade é que non acabo de crelo. Nunca pensei que fose chegar a tanto, teño que ser sincero”, confesa o profesor.
Os premios “Educa Abanca” elixen diferentes categorías de mestres segundo a etapa educativa, aínda que realmente os “responsables” das nominacións son os alumnos. Sotelino aínda se pregunta o porqué da súa elección. “Non sei o porqué. Sempre digo que esa relación directa con elas e eles axuda a unha mellor comunicación”.
RELACIÓN HORIZONTAL
Como é unha clase co que está considerado o mellor profesor de España? “Pois é unha clase cunha relación moi horizontal entre profesor e alumno, onde se fomenta o clima para crear curiosidade por aprender”, explica o docente ourensán.
A figura dun “mestre” é ben coñecida nas primeiras etapas educativas do neno. Pero, a do profesor universitario? “Na universidade temos algo abandonada a función docente en favor da investigación. Debemos recuperar a esencia do docente e centrarnos mais nesa función da Academia. Ás veces mesmo temos que mirar máis a como se fai noutros niveis educativos”, opina este profesor que, ademais, segue moi vinculado ás súas raíces. É a cara máis coñecida do festival cultural Rebulir, en Ramirás, unha das citas culturais da provincia. Precisamente hai uns días anunciou o cartel, que se celebra do 16 ao 19 de decembro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
"AMIGO LEAL DE MUÍÑOS"
Miguel Ángel Santalices, fillo adoptivo de Muíños