MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
ORGANIZACIÓN DO TRABALLO
O enxeñeiro vigués Luis Eguizábal tivo na súa traxectoria profesional a oportunidade de comprobar de primeira man os problemas das empresas do auxiliar do naval para secuenciar os traballos nos seus talleres de fabricación. Foi este un dos principais motivos que o levou a centrar a súa tese de doutoramento no desenvolvemento de novas ferramentas tecnolóxicas dirixidas a mellorar os procesos de produción neste tipo de talleres.
Finalmente, o resultado acadado é un método "moi versátil" que permite a fabricación de gran variedade de artigos en pequenas series, "cun custe de implantación que non é caro, que mellora notablemente os índices de produtividade e que pode ser empregado en diversos ámbitos de actuación", subliña o autor do estudo, docente na Escola de Enxeñería Industrial.
O sistema proposto polo investigador vigués recomenda que a toma de decisións da orde de execución de tarefas non se tome no taller, senón no Departamento de Planificación da Produción con toda a información necesaria.
Para isto desenvolveu un novo sistema de captura de datos en planta baseado no emprego de novas tecnoloxías, como poden ser as tabletas electrónicas e as técnicas de identificación por radio frecuencia (NFC). "Desta maneira, relacionando a información dispoñible no Departamento de Planificación coa captura en tempo real da situación do taller pódese realizar unha secuenciación óptima das tarefas de fabricación", subliña o enxeñeiro.
Coñecer en todo momento o que está pasando nos talleres de fabricación é, segundo se defende nesta tese, un aspecto básico se o que se busca é incrementar a produtividade da empresa e, para acadalo, débese contar con sistemas de xestión empresarial (ERP) axeitados e investir nos sistemas de captura de datos en planta. Neste senso, o autor da investigación subliña que isto non ten por que supor un investimento excesivamente elevado, posto que se pode empregar software libre para a implementación do sistema e a captura de datos faise a través dunha tableta con técnicas de identificación de radio frecuencia de custe reducido. "Ademais, no caso concreto do sector naval, facilita realizar a xestión tanto en nave como na obra, é dicir, no propio barco", recalca Eguizábal.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta