MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, dixo onte nun mitin en Leiro que as políticas do Partido Popular ante o reto demográfico “son un exemplo para Europa”. No marco da campaña das vindeiras eleccións europeas do 9 de xuño, González defendeu o traballo da Xunta de Galicia para atraer e reter talento a través da Estratexia Galicia Retorna, entre outras liñas de acción.
Segundo manifestou, o PP “traballa arreo” pola provincia de Ourense, “impulsando e dinamizando a economía, fomentando o emprego por conta allea e o autónomo, e simplificando e axilizando os trámites para facilitar a actividade económica”.
Pola súa banda, o líder provincial dos populares, Luis Menor, aseverou que “o PP será o mellor aliado que o rural ourensán terá en Europa”. Neste sentido, subliñou unha das propostas destacadas do programa para estas eleccións, “a declaración do sistema alimentario como sector estratéxico”.
Un dos compromisos do PP “é loitar por un rural de oportunidades, sen cidadáns de segunda, cos mesmos servizos que os habitantes das vilas e da capital”. Ao mesmo tempo, Menor lamentou que “a peor noticia que nos podían dar para o rural é que o PSOE leve como cabeza de lista a Teresa Ribera, a persoa que desprotexeu aos gandeiros fronte o lobo e un membro do goberno que cargou contra sectores clave como o da carne”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
NEGOCIACIÓN DE 2027
Trabajo descarta una subida extraordinaria del SMI este año
A VEIGA, CONCELLO QUE MÁS RECIBE
Destinados más de 1.300.000€ a Ourense para la reconstrucción de zonas afectadas por los incendios de 2025
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla