Menor require aos seus que non deixen portas “sen petar”
O candidato ás europeas chamou a rebaixar o IVE dos alimentos para poñer en valor produtos como o polbo
Que a militancia “non deixe unha porta sen petar”. Iso foi o que pediu o líder do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, nun mitin de campaña celebrado onte no Carballiño. “Necesitamos que todos os nosos alcaldes, portavoces, concelleiros e militantes percorran cada un dos pobos e lembren que Ourense ten que facerse notar en Europa”, declarou.
As palabras de Menor teñen lugar apenas horas despois de que a presidenta da Comisión Europea e membro do Partido Popular Europeo, Ursula von der Leyen, acudise á romaría do PPdeG no Pino (A Coruña) este sábado. Adrián Vázquez, candidato do PP ao Europarlamento, cualificou de “espectacular mitin” o acto. Tal e como dixo, a mandataria da Unión asegurou que o grupo popular europeo “fará súa” a iniciativa do PP para crear comisarías -o equivalente dos ministerios na UE- de agricultura, pesca e medio ambiente, de tal xeito “que non haxa comisarios a tempo parcial facéndose cargo da defensa do sector primario”.
Neste sentido, Vázquez defendeu a rebaixa do IVE nos alimentos, especialmente na carne, as conservas e mailo peixe. Segundo dixo, isto “permitirá poñer en valor en Europa produtos senlleiros como o polbo á feira do Carballiño, unha actividade que ademais de tradición ten un significativo peso económico e de emprego”.
Ao mesmo tempo, o candidato popular fixo un chamado aos vindeiros representantes dos cidadáns no Parlamento Europeo para que afronten os cambios que se precisan noutros ámbitos. Entre eles, citou “menos burocracia, maior flexibilidade e máis sensibilidade cos esquecidos pola transición enexética”.
"Demostración de forza"
No mitin dos populares de cara ás vindeiras eleccións europeas do 9 de xuño tamén falou o líder do partido en Ourense, Luis Menor. Ademais do chamado a traballar os votos porta por porta, o dirixente subliñou o “moito que se xoga” o PPdeOu: “Nin máis nin menos que demostrar que o continuo aumento do apoio electoral ao PP na provincia desde as xerais de 2023 é toda unha demostración da nosa forza como partido de goberno”. Menor mostrouse seguro de que o PP verase respaldado na comarca carballiñesa, onde obtivo un 42% de votos nas europeas de 2019.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Una cresta sahariana disparará las temperaturas en Ourense hasta rozar los 38 grados
Plan de Salud Mental 2026-2030
Galicia implantará un modelo común para prevenir la conducta suicida, con especial atención a mayores y adolescentes
cesión gratuita de los terrenos
La Xunta licita 12 viviendas públicas en San Cibrao das Viñas por 2,4 millones de euros