BUM DE JUBILACIONES
La mitad de vacantes por jubilación en Ourense no tendrán repuesto juvenil
Miguel Paz Cabo (Santiago de Compostela, 1985) é un dos coautores, xunto con Víctor Santidrián, do libro “Cadernos da II República”, presentado na Biblioteca Nós no marco do Abril Republicano. Historiador, profesor e investigador sobre a memoria democrática, Paz fala do seu último haxazgo, os textos dun alumno de Teo (A Coruña) que reflicten o método de ensino na Galicia de antes de 1936.
Que son “Os cadernos”?
Son unhas libretas escolares que pertencían a Antonio Rial Gallego, alumno de Bernardo Mato Castro, un mestre de Teo. Chegan a nós por azar, porque foron gardadas como un recordo familiar de Antonio, non porque o mestre fora paseado e asasinado. Son únicas en Galicia.
Como eran as clases?
Intentaba facer aos seus alumnos persoas libres. Para ensinarlles aos rapaces a medir superficies, en vez de facelo únicamente coas fórmulas, ían medir as súas leiras para saber canta superficie podían cultivar ou traballar. Moitos deles talaban árbores que logo vendían aos madereiros. As empresas de entón aproveitábanse da falta de coñecemento matemático para sacar vantaxe.
Cal é a diferencia respecto dos cadernos da época franquista?
O galego deixa de aparecer. O neno firma como Antonio Rial Gallego, a partir do golpe de estado firma como José Antonio Rial Gallego, en referencia a José Antonio Primo de Rivera. Debuxos de ferramentas como sachos, transfórmanse na dictura en fusiles e pistolas, por exemplo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BUM DE JUBILACIONES
La mitad de vacantes por jubilación en Ourense no tendrán repuesto juvenil
PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
RÉCORD DE TRABAJADORES
Los extranjeros asumen dos de cada tres nuevos empleos en Ourense
Lo último