FESTA DO PAN DE CEA
Cea enciende los hornos, comienza la fiesta
ENTREVISTA | VIDA
Amigos tocando nas noites de jam sessions en diferentes locais. Ese foi o xerme de Millo, unha formación composta por David, Javi, Abraham, Eloi e Cristian que aportan as súas habilidades musicais e influencias para ofrecer ao público ritmos que se moven entre o punk, ska, reggae, rock e incluso se atreven co toque máis tradicional galego coa incorporación da gaita.
Como deu comezo a andadura de Millo?
Hai que remontarse a época de estudiantes, Javi e David comezaron a preparar un proxecto xuntos; sumouse Cristian, e logo Víctor Montenegro, o noso primeiro batería. Máis tarde Eloi o sustituiría e Abraham entraría como gaiteiro.
"Millo" é o nome do primeiro traballo, que nos atopamos nel?
Pois moitas historias que lle poden pasar a calquera en calquera lugar, que narran vivencias de nós de rapaces, de agora, cos amigos, con rapazas; todo misturado con ska, punk e melodías e ritmos tradicionais.
Que din os ouvites del?
O disco está a ter moi boa acollida e boas críticas, o cal é un orgullo para nós. Que a xente lle guste o que facemos é a mellor das recompensas.
O grupo ten un estilo moi festeiro, que reparte e contaxia boas vibracións, algún segredo?
Supoño que o segredo está en facer o que nos gusta. Cando fas o que che gusta, o defendes con paixón, e nós somos os primeiros que queremos pásalo ben durante os concertos.
Se me presento nun dos vosos concertos, que me vou atopar?
Moita festa (risas). Terás momentos con moita caña e diversión, pero tamén hai oco para a reflexión e... incluso foliada! Que nos encanta! E, por se che parece pouco, ademais, versionamos algún temas a nosa maneira, pero para saber cal terás que vir a un concerto, non si?
Algunha influencia que os marcase?
Cada un ten as súas: cantautores da terra, música tradicional celta, jazz, Los Suaves, punk cañero... facemos unha boa mistura! Nas composicións normalmente algún de nós ten algunha idea que lle ronda a cabeza, e, entre todos, cada un co seu estilo, a imos completando.
Dende Millo, buscan enviar algunha mensaxe ao público?
Poderíase decir que temos un dobre obxetivo. Por un lado facer que a xente pase un bo rato con nós, e por outra banda, facer reflexionar á xente sobre diferentes actitudes e situacións que se dan a cotío e que non teñen moito sentido se o pensas.
Con cinco anos de traxectoria, segue ese verme antes de cada actuación?
Dende logo! cada concerto e único e así debe ser vivido. Se se deixa de facer, pérdese o cerne.
Algún plan de futuro que se poida contar?
Estamos traballando nun novo disco para o verán. Temos moito material e con el estamos traballando, sen perder de vista a preparación de concertos que sempre dan vida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PAN DE CEA
Cea enciende los hornos, comienza la fiesta
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que las bicicletas son para el verano?
CANDIDATURA A PATRIMONIO MUNDIAL
De Armenia a Vietnam: los 21 países que decidirán el futuro de la Ribeira Sacra
PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD
Bum inmobiliario: la compraventa de vivienda en la Ribeira Sacra se duplica en la última década
Lo último
Nemesio Barxa
Há 90 anos nos roubarom a república
MICROESTADO INDEPENDENTE
A Raia mantén vivo o Couto Mixto, a súa desaparecida república de liberdade
SENDA 0011
El jefe que aprende a faltar