HORIZONTE DE INCERTIDUMBRE
Ourensanos con plaza en Justicia siguen sin tomar posesión del cargo
Día das Letras Galegas
O Día dás Letras Galegas non só se escribe: tamén se pinta, se deseña, se debuxa ou se aperta o spray. Con motivo da festa, varios creadores gráficos ourensáns compartiron as súas particulares homenaxes a Xela Arias e á lingua galega.
Ilustración, deseño gráfico, graffiti e mesmo cómic. Cada artista enfoca o tema desde o seu medio preferido, e seguindo o seu propio estilo. Os resultados van do minimalismo elegante de Patricia Joga -a súa é unha peza gráfica que imaxina sen rostro, pero recoñecible, á protagonista da xornada- ata o barroquismo alegre e kitsch da colaxe que asina o dúo Tose pr’ alá, formado por Clara Martín e Xeito.
Noutra onda, o debuxante Pablo Prado xoga á confusión cun chiste temático e colorido, mentres que Miguel Robledo viaxa a través da historia galega, cun cartel monocromático que baila entre a Idade Media e a actualidade.
Noutros casos, a creatividade excede o lenzo, como no caso de Mon Devane, que inaugurou hai uns días un retrato xigante de Xela Arias en Sarria, localidade natal da escritora.
Non son os únicos medios nos que os ourensáns plasmaron as súas homenaxes ás Letras Galegas: O carballinés Iván Caíña despregaba os seus dotes para a caligrafía e a filigrana, e Planeta Eris optaba pola fotografía. Máis mostras de talento por unha xornada de festa máis alá das palabras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HORIZONTE DE INCERTIDUMBRE
Ourensanos con plaza en Justicia siguen sin tomar posesión del cargo
184 CASOS POR CADA 100.000 HABITANTES
Ourense, a la cabeza española en prevalencia de casos de esclerosis múltiple
FEIRA VIÑO VALDEORRAS
Un sector que busca a excelencia
Lo último
PARALIZADO EL TRÁFICO AÉREO
Cierra el aeropuerto de Múnich, el segundo más grande de Alemania, tras el avistamiento de drones