Os de Monforte no 22
OURENSE NO TEMPO
Esta fotografía, da que teño na miña colección unha copia orixinal, forma parte da serie que eu chamo Histórica
Neste caso, polo que representa e pola entidade dos personaxes. Este é precisamente un dos motivos de que no www.ourensenotempo.com saíse xa en dúas ocasións, e hoxe vola ensine nas páxinas de La Región; fáltame por confirmar a identidade de catro dos integrantes do grupo.
A construción do novo galeguismo, partiu da Asamblea de Lugo do 1918 (dela non teño testemuño gráfico), a segunda realizouse en Santiago 1919, a terceira en Vigo 1921, e a cuarta (considerada a da ruptura) en Monforte no ano 1922, e a ela asistiron varios ourensáns, na fotografía Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez e Antonio Sánchez González, xunto a eles, personalidades como Castelao, Manuel Antonio, o vilalbés Loís Peña Novo, e Antón Villar Ponte entre outros.
Hai máis de catro anos, que compartín con todos vós esta fotografía e a súa compañeira (outra foto feita o mesmo día, pero aos pés da torre); dende aquelas, de cando en vez doulle unha ollada, intentando poñer nome a todos os personaxes que nela aparecen. Aínda non fun capaz de rematala, pero pouco me falta.
Suponse que dada a entidade dos personaxes, non tería que ser difícil, pero pódovos asegurar que si o é; de feito cónstame que moitas das páxinas que mostran esta fotografía se basearon nos meus datos (por certo, uns con moita corrección puxéronse en contacto comigo e non tiven inconvinte en darlles a información; outros non obstante, a xeito de vampiros, utilizárona coma se fose propia, sen citar fontes, alá eles!!!). Volvendo ao que importa, fixarvos nos nomes; e coincidiredes comigo, en que en lugar da IV Asemblea dás Irmandades dá Fala, mais parece unha reunión de intelectuais aos que se dedicou o Día das Letras Galegas. Veredes que quedan catro aos que non me atrevo a poñerlles nome, se ben de tres deles suxirovolo; a todos os demais coido que os teño perfectamente identificados.
Estes son (na fotografía publicada na web aparecen os seus nomes en branco ou negro, segundo resaltara máis co fondo. L.G.: Letras Galegas, e a cifra é o ano):
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. (L.G. 1964).
Anxel Casal Gosenge.
Antón Losada Diéguez (L.G. 1985).
Antón Villar Ponte (L.G. 1977).
Manuel Antonio Pérez Sánchez (L.G. 1979).
Roberto Blanco Torres (L.G. 1999).
Lois Pena Novo.
Ramón Otero Pedrayo (L.G. 1988).
Antonio Sánchez González.
Dos catro que faltan (os nomes están en vermello na web, para diferencialos) , e que me gustaría recibir a vosa axuda para identificalos, un creo que podería ser Luis Amado Carballo (L.G. 1982); outro, Florentino López-Alonso Cuevillas (L.G. 1968); outro, pero con máis dúbidas, podería ser Ramón Villar Ponte, e por último, o que falta, aínda que por datas e pensamento poderían ser algún destes que vou citar, non me atrevo a afirmalo (dende logo polas fotos que teño non sería ningún, certo é que non corresponden ao entorno do 22): Noriega Varela, Ramón Cabanillas, e se non fose porque daquelas se supón que estaba emigrado (foise no 1903), podería ser Antón Zapata García
Acepto suxestións:
ourensenotempo@hotmail.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
REGRESA LA CITA
Concentración Motera de Verín
CAMBIOS EN LA CIRCULACIÓN
La A-52 permanecerá cortada en sentido Madrid a la altura de O Padornelo por trabajos de asfaltado
OPERACIÓN EMPRESARIAL BAJO LUPA
La empresa del novio de Ayuso facturó 4,4 millones a Quirón entre 2021 y 2023, según un informe de la UCO
RECOMENDACIONES PARA LOS VIAJEROS
Cambian los horarios de trenes en A Coruña desde el 11 de julio por las obras de la nueva estación