MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CULTURA
A exposición "Pervivencia e actualidade de Eduardo Blanco Amor" chegou á súa fin no Centro Cultural Marcos Valcárcel, que a acolleu dende o 30 de novembro con motivo do 40º aniversario da morte do escritor. A clausura serviu para presentar un catálogo que recolle todo o exhibido na mostra. "É unha ferramenta de traballo para os que desexen afondar na figura de Eduardo", sinalou Carlos Laíño, quen aportou máis de 200 volumes bibliográficos sobre o autor.
O acto aproveitou para valorar a figura do literato ourensán: "Os centos e centos de persoas que visitaron a mostra comprobaron que foi unha figura que inmortalizou a Auria", afirmou Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación. Resaltou que o obxectivo é manter vivo o legado dun "dos grandes das letras".
No catálogo recóllense os debuxos e caricaturas expostos feitos por Siro López que, a pesar de non poder a asitir á presentación, enviou unha verbas: "Cada retrato, caricatura e visión é un reflexo do Eduardo que recordo, dun home complexo e entrañable".
Carlos Laíño desengranou o catálogo que conta con tres partes adicadas ao traballo de Siro López, os libros de Blanco Amor da exposición e a súa biblografía. Laíño deu conta de que moitos asistentes descoñecían ao autor: "Con esto damos un toque para recordalle á xente que Eduardo é ourensanía, algo que está vivo". O investigador tamén sinalou que rememoralo é "defender o noso".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta