FESTA DO PAN DE CEA
Cea enciende los hornos, comienza la fiesta
Camille Hédouin é MounQup, unha artista que hai anos deixou o seu Nantes (Francia) natal para asentarse na pequena aldea ourensá de Saumede. Esta “artesá” do son publica disco: “Aquelarre”, un punto de inflexión na súa carreira con temas nos que a natureza é protagonista. O ferro do seu sacho, o lume da película “O que arde”, a auga do río próximo á pequena aldea alaricana na que agora vive… Todo se mestura coas letras desta aposta “electrónica rural” que sairá en tódalas plataformas o 26 de novembro. Polo de agora, xa se pode escoitar un primeiro adianto: “A Cinza”, un tema composto tralo lume que queimou o seu fogar.
Cal é historia de “A Cinza”, o tema que compuxo tralo incendio da súa casa?
Fai dous anos deixamos unhas cinzas na estufa e cando volvimos a casa estaba ardendo. Durante o confinamento, tivemos que cambiar de casa para rehabilitar a anterior e, á vez, había un mundo parado polo “bicho”. Entón, unhas cousas que parecen inofensivas e débiles como unhas cinzas ou o “bicho” pódenche rebentar a vida. É o tema da revolución da natureza sobre os humanos que se cren superiores.
Este disco é un punto e á parte na súa carreira musical?
Si, é un exorcismo e unha purificación. O incendio foi a parte fácil. Pero un ano despois separeime, encontreime sen casa, tiven que mudarme… Todo foi unha merda. E sen traballo porque non hai concertos.
Recentemente presentou os seus temas novos no concerto que deu Dorian en A Coruña. Empeza a moverse o traballo?
As cousas hai que movelas. Hai que insistir, insistir e insistir. É o que estou facendo.
Por que “Aquelarre”? Necesitaba esa “purificación”?
Si. Hai varias versións do que quere dicir o aquelarre. Un tipo díxome que era un encontro de demos masculinos no País Vasco. Pero unha colega, Belén de Andrade, díxome que era a xuntanza das mulleres que botaban fóra dos pobos. Rexeitadas. Acabou dicíndose que eran bruxas, pero entre elas pasábano moi ben e desfrutaban. Nas principais “feridas” que se nomean en psicoloxía está o rexeitamento. Eu penso que dá igual a parte do mundo a onde vaia, sempre serei a estranxeira. Sempre son a rara, pero eu pásoo ben.
Segue en Saumede?
Non, cerca de Allariz atopei unha casa nunha aldea pequena e vaime moito mellor. Allariz mola.
En Saumede atopara inspiración para compoñer. Na nova aldea tamén axuda a natureza?
Nesta casa fixen catro ou cinco temas do disco. A natureza é o que máis me inspira, este disco está baseado na natureza e nos ruídos que atopo. Este disco é para lembrar por que me gusta tanto vivir perdida no quinto cu de Galicia. Maioritariamente é polas vistas, polos bosques salvaxes e a sensación de liberdade, que non ten prezo. Nunca sería capaz de volver a unha gran cidade.
A que soa a natureza que atopa?
Hai un tema feito con ruídos de pedra, outros son percusións co ruído do río, de gotas de choiva, o ferro das miñas ferramentas, dos sachos, a estufa de gas… Para o tema do lume, Oliver Laxe pasoume os sons da súa película “O que arde”. Tamén soa a madeira de cando machaco un tronco.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PAN DE CEA
Cea enciende los hornos, comienza la fiesta
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que las bicicletas son para el verano?
CANDIDATURA A PATRIMONIO MUNDIAL
De Armenia a Vietnam: los 21 países que decidirán el futuro de la Ribeira Sacra
PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD
Bum inmobiliario: la compraventa de vivienda en la Ribeira Sacra se duplica en la última década
Lo último
MICROESTADO INDEPENDENTE
A Raia mantén vivo o Couto Mixto, a súa desaparecida república de liberdade
SENDA 0011
El jefe que aprende a faltar
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXXVI)
Galería | Un arte menor que hermosea los portales