As mulleres de Esgos aprenden a defenderse dos agresores
Ademais de técnicas físicas fronte a agresores, estes obradoiros abundan na parte legal e na figura da lexítima defensa
A violencia de xénero é unha das cuestións que máis preocupan na sociedade dos nosos días, por iso é indispensable que a poboación saiba recoñecer estas situacións e actuar ante elas. O centro cultural Parada Justel de Esgos acolleu onte un obradoiro de autodefensa para as mulleres do concello, dándolles deste xeito máis oportunidades de defenderse dun posible agresor.
O encargado de impartir este taller é José Luis Cao, que é técnico da Federación Galega de Loita e Defensa Persoal feminina e tamén pertence ás forzas de seguridade do Estado. Cao indica que o obxectivo destas iniciativas, organizadas pola Secretaría Xeral de Igualdade dende hai máis de cinco anos -en colaboración coa Federación Galega de Loita e a Academia Galega de Seguridade Pública-, é “ensinarlle ás mulleres de todos os concellos galegos técnicas para poder defenderse de forma rápida e sinxela dunha posible agresión”. Incide en que “moitas das mulleres que asisten xa coñecen algunhas técnicas, e tampouco podemos meternos en movementos moi avanzados”, polo que, o que fan é “matizar todo ese coñecemento e potencialo”.
Pero estes obradoiros de autodefensa, que sempre teñen unha boa cifra de asistencia, teñen máis vertentes que a propiamente física. “Se se escolle a persoal da Policía para impartir estas clases é porque tamén as introducimos nos aspectos legais da defensa e profundamos un pouco máis no que consiste a figura da lexítima defensa”, explica Cao, que pon énfase nesta parte legal dos obradoiros, xa que é a parte máis descoñecida pola maioría de participantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
Lo último
V PLENO DEL VIII MANDATO
IU respalda una circunscripción electoral exterior para la emigración española
INCAUTACIÓN DE LA UDEF
Hallan joyas y relojes en una caja fuerte del despacho de Zapatero en el caso Plus Ultra