EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
REPORTAJE
Montserrat Merino define a musicoterapia como “o uso da vibración, o son e a música para mellorar a saúde das persoas”. Esta profesional ourensá explica que estes tratamentos poden axudar dende problemas de aprendizaxe a cuestións relacionadas coa saúde mental. Ademais, a súa labor traspasou fronteiras e levouna a lugares dispares como Cataluña, Portugal, Valencia ou Madrid. Actualmente desenvolve obradoiros de musicoterapia no CHUO e no Hospital Psiquiátrico de Piñor, en Barbadás.
Cada sesión con Merino está especificamente deseñada para atender as necesidades da persoa ou do grupo a tratar. “A partir de aí traballamos, ademais de coa música, co movemento. Facemos moitos exercicios de traballo corporal para fortalecer a psicomotricidade”. Unha das técnicas que máis emprega Merino nas súas terapias é o “body music”. Este método vai máis alá da percusión corporal, algo máis coñecida: “Activamos o corpo das persoas a través da voz ou da escoita. Somos sistema nervioso e é o que tentamos estimular”. Ademais, a música tamén axuda a traballar a parte emocional e psíquica das persoas que acoden a musicoterapia, “evocando recordos e sensacións, que axudan a manter a cognición e o razoamento”. Tamén a improvisación ten un papel fundamental, xa que “activa a capacidade para os recursos e ferramentas para o día a día. Somos como improvisamos”.
Sobre os resultados que acada con estes obradoiros, Merino explica que varía moito en función de cada persoa. “Por exemplo, cando unha persoa crea unha letra dunha canción, adoita falar principalmente de vivencias pasadas ou da súa situación actual. E aquí falla un paso, pensan demasiado no futuro de forma negativa. Pero a música é capaz de obrar ese pequeno milagre de, falando do pasado e do presente, abrirlles un camiño cara o futuro. Non deixa de ser unha medicina para a alma”. Estas creacións é “unha forma de que se sintan útiles”.
Durante a pandemia, Merino desenvolveu dous proxectos de musicoterapia, atendendo dende Ourense a persoas de toda España a través das redes sociais. Nestas dúas iniciativas, ambas de balde, o obxectivo era axudar a persoas con problemas de saúde mental e tamén enfermos de alzhéimer, que participaban nestes obradoiros acompañados dos seus familiares.
Ademais da súa faceta profesional, Merino ten tamén unha vertente académica e investigadora. Entre os seus traballos máis destacados, atópase un estudo sobre o apoio emocional que a música xogou durante a pandemia. Tamén é directora de dous másteres: un de pedagoxía musical e outro de musicoterapia científica aplicada. O primeiro deles estréase este ano e ambos os dous contan con figuras históricas da pedagoxía musical como o precursor do anteriormente citado “body music”, Keith Terry.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último