EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
A música galega non chegará a Europa coas Tanxugueiras, pero dende o colexio Guillelme Brown do Pereiro de Aguiar emprégana como elemento vertebrador dentro do proxecto “On the road with the Normans”, acollendo ata o mércores a máis de 50 estudantes de 3º da ESO procedentes de Francia, Italia, Grecia e Alicante. Como explica a profesora de inglés e coordinadora deste proxecto, Beatriz Escuredo, cada un das seis escolas que participan propoñen unha canción tradicional co obxectivo de ensinarlla aos demais grupos e cantala todos xuntos a coro o último día da convivencia. A canción escollida polo centro é “O Carro”, do grupo Fuxan os Ventos.
Tralas visitas a Normandía e a Sicilia, esta semana os 74 alumnos participantes desta quenda -o colexio italiano non puido desprazarse por casos de covid no seu profesorado- visitaron onte o castro de Santomé e o centro histórico de Ourense despois de seren recibidos nos seus respectivos idiomas nativos a súa chegada ao Guillelme Brown. Nos vindeiros días visitarán outros lugares como as termas de Outariz ou o centro cultural Xaquín Lorenzo ou Santiago de Compostela, ademais de realizar xogos de grupo tradicionais organizados polos propios rapaces.
A canción escollida polos rapaces do Pereiro é “O carro”, do grupo de folk Fuxan os Ventos
Ademais, o intercambio cultural non se produce só entre o alumnado, senón que os profesores tamén ensaian cos grupos estranxeiros, axudando, no caso dos docentes galegos, na pronunciación do texto. Escuredo explica que este proxecto “leva dous anos de retraso por mor da covid”. Ademais do alumnado de 3º da ESO, os rapaces de 1º e 2º da ESO están participando noutros proxectos internacionais que, en lugar de empregar a música, utilizan a economía e o medio ambiente como eixo.
A coordinadora do proxecto conta que “o que buscabamos era empregar a música e a lingua de cada zona para que os rapaces coñezan a cultura dos seus compañeiros. Do que se trata é de abrirlles a mente e amosarlles que todos somos iguais, coas nosas peculiaridades”.
“Os Erasmus danlles a vida aos rapaces”, explica, xa que, ao estar financiadas con fondos europeos, o que facilita a mobilidade de todos os alumnos, independentemente das súas notas ou das posibilidades económicas. “Ao estar cofinanciado por Europa puidemos levar aos 22 alumnos da clase”, presume Escuredo. Con todo, a contía destes fondos non é suficiente para sufragar os gastos para todos. Fronte a isto, o que os adolescentes fan é realizar actividades como vender rifas para poder dispoñer de máis cartos.
Por último, dende o Guillelme Brown explican que “dá igual que sexan bos ou malos en inglés, todos deben vivir a experiencia porque todos deben entender que pertencemos a un mundo global. É máis, os que non son bos en idiomas son os que máis o precisan, xa que poden ver que é algo útil para comunicarse cos demais”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último