Música, tradicións e solidariedade en Vilar de Santos
PROGRAMA DE NAVIDAD
O sábado 28 de decembro terá lugar a Arrancada, unha xornada celta con xogos participativos para toda a familia
Como cada ano por estas datas achégase o Nadal a Vilar de Santos, unha localidade comprometida co espíritu do nadal e cos valores da solidaridade.
Dende o Concello veñen de preparar unha completa programación que comezou a mediados deste mes, con una visita a Viana do Castelo, onde os participantes coñeceron, ademáis dos currunchos tradicionais desta vila, o monte de Santa Lucía e disfrutaron de un xantar de Nadal.
Por outra banda, ata o 19 decembro fíxose a recollida de xoguetes, que serán repartidos entre as familias da localidade e os máis pequenos que os necesiten. Esta actividade xa é unha tradición dos veciños, que tamén acompañan con libros adicados aos letores infantís.
Xa nesta semana grande de Nadal o programa de actividades será a seguinte:
- Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro: programa Concilia de Nadal. O programa de actividades executarase do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, en horario de 09,00 a 14,00 horas. Este servizo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos de idade. Terán prioridade absoluta na adxudicación de prazas os nenos e nenas empadroados con ao menos 6 meses de antigüidade no Concello de Vilar de Santos.
- 28 decembro: A Arracada, una xornada celta con xogos participativos colectivos e actividades lúdicas para toda a familia, con unha posta en valor das tradicións galegas más arraigadas.
- 29 decembro: partido de fútbol da mocidade local, nun ambente cercán e festivo entre os participantes.
- 3 xaneiro: visita a Pazolandia dos neos de Vilar de Santos, na que poderán disfrutar das atraccións do maior parque temático estacional de Galicia.
- 5 xaneiro: cabalgata de Reis como peche do programa de Nadal deste ano. As súas maxestades percorrerán a localidade saudando aos nenos e recollendo as súas peticións para unha das noites máis especias do ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
RECORRIDO ETNOGRÁFICO
Una ruta entre viñedos para descubrir los lagares rupestres de Oímbra
Carmen Tomás
Hacienda no somos todos
LONGEVIDAD Y NATALIDAD
España lidera la esperanza de vida de la UE con 83 años