GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
+DEPORTE
Este xoves pola tarde, as Piscinas Municipais de Luínta, do Concello de Nogueira de Ramuín, albergaron unha nova clase de exercicio ao aire libre, enmarcada na iniciativa que o equipo de +Deporte La Región está levando por toda a provincia nestos meses de verán.
Alí presentáronse puntuais, a hora da sesión, ás 20,00 horas, numerosos veciños e veciñas de Nogueira de Ramuín, de tódalas idades, así como algúns retornados que están de vacacións polo concello.
O evento coincidiu co paso á tarde polo concello, da etapa de Ourense de “La Vuelta” a España, a competición nacional ciclista do país.
Aos participantes lles tocou esta vez bailar ao ritmo que marcou a monitora, Nerea Rodríguez, que leva practicando zumba dende hai tres anos. Nerea define o zumba como unha actividade para “todos os públicos”. “Dende o meu punto de vista é unha paixón para despexarte do que tes fóra e pasalo ben facendo deporte ao aire libre”.
Nerea combina todo tipo de música: “Dende o reggaeton, de merengue, de salsa, de bachata, de cumbia”. Esta actividade non entende de xénero nin de idade. As persoas maiores poden practicar zumba ao carón dos seus netos, combinando a técnica do exercicio e o baile ao ritmo da música máis actual. “A moita xente dálle vergoña porque vese descoordinada, pero unha vez que entras, comezas a pasalo ben e esquéceste de todo”, explica a monitora.
Nogueira de Ramuín demostrou unha vez máis unha excelente acollida a este tipo de eventos, converténdose nun punto clave para a promoción da saúde e a actividad física.
Estas sesións son o encontro perfecto para a socialización.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
No es una opción, es un mandato constitucional
FÚTBOL SALA FEMENINO
Meigas y el Rodiles, los rivales del Ontime B y Estrela Cortegada
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
La piel para atrás al mear