Non dicías sempre que querías estudar Historia?
UNIVERSITAS
A facultade ourensá oferta para o vindeiro curso a modalidade semipresencial do grao sen límite de prazas
Cando un ten 18 anos e escolle que carreira estudar ás veces acerta, outras erra e outras acerta a medias. Cos anos e coa madurez, un reafirma vocacións, descobre outras ou amplía as súas áreas de interese. Para todos aqueles que non estudaron Historia no seu momento e que queren quitarse esa espiña pero dun modo compatible coas súas vidas familiares e laborais, a Facultade de Historia do campus de Ourense ofrece para o vindeiro curso o seu grao semipresencial en Xeografía e Historia.
"Con este grao o que queremos facer é retar á xente que sempre di que lle houbese gustado estudar Historia. Se así é, agora teñen a oportunidade de facelo e ao seu ritmo", comenta Susana Reboreda, decana da Facultade de Historia do campus. O plan de estudos é o mesmo que o grao presencial, non hai limite de prazas e as persoas matriculadas só terán que acudir fisicamente ao centro para as probas orais e/ou escritas das materias e para as titorías personalizadas, empregando a plataforma Moodle para o ensino a distancia.
A modalidade semipresencial, apunta Reboreda, aprobouse en xullo do ano pasado e arrancou este curso académico de xeito piloto. "O que aconteceu foi que se aprobou moi tarde de cara á matrícula, e case non houbo tempo para dalo a coñecer". Pensando no curso que vén, desde o centro ourensán poñen agora en marcha a campaña Fai Historia con nós, na que xogan con personaxes históricas como Napoléón, Cleopatra e Frida Kahlo para demostrar que non é necesario grandes xestas facer "Historia", chega con matricularse na Universidade de Vigo, na modalidade semipresencial do grao en Xeografía e Historia.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
LUCHA POR RECONTRUIR
Barro en las calles de Viana, recuerdos bajo tierra y una normalidad aún lejana
nueva economía
La IA abre una nueva carrera por financiar centros de datos