EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
O Centro de Información á Muller (CIM) Padre Feijóo do Pereiro inaugurouse en xuño do ano pasado e dende a súa apertura tramitou un total de 87 expedientes, ofreceu 138 consultas sobre asesoramento xurídico e outras 156 de atención psicolóxica. En seis meses tamén ofreceron 76 consultas a vítimas de violencia de xénero, ademais de axudar a emigrantes retornadas ou a estranxeiras recén chegadas. O seu ámbito de actuación agora é de cinco concellos (Pereiro, Esgos, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz e Parada de Sil), e, en boca da súa directora, Ana María Núñez, esperan chegar ao municipio da Teixeira durante este ano.
Núñez conta como “atendemos a mulleres, principalmente entre 25 e 45 anos, na maioría por casos non relacionados coa violencia de xénero senón por problemas de dinámicas familiares, asesoramentos xurídicos ou calquera tipo de dúbidas que poidan ter no seu día a día”. Polo tanto, o principal valor que aporta o CIM é o de servir como “punto de referencia” cando as mulleres da súa contorna teñen un problema.
“Estou sorprendida sobre o volume asistencial do centro. En só seis meses duplicamos as expectativas en canto ao número de expedientes, non esperábamos ter que atender a tantas mulleres”, recoñece Ana María Núñez. A directora do centro pensaba que o centro rondaría o mínimo que esixe a Xunta, pero o certo é que duplicaron con creces ese número de atencións. “A nosa principal cualidade é que somos un punto de apoio para moitas mulleres rurais”, explica Núñez, que tamén conta como “en moitas ocasións non somos nós as encargadas de tratar o tema, pero si de servir como sustento a nivel emocional e informativo”.
A localización do CIM, na Casa do Concello do Pereiro, tamén é, para a súa directora, “unha vantaxe”, xa que “no mesmo edificio están o resto dos servizos sociais, o que nos permite actuar dun xeito coordinado sen que as mulleres que axudamos teñan que ir a ningún outro sitio para solucionar os seus problemas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último