CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
Poucas persoas publican un libro de adolescente, pero esta moza de 16 años do concello de Coles conseguiuno. Nuria Marquina leva escribindo “dende nena”, pero tras pasar por un mal momento persoal decidiu mergullarse na escritura. O resultado é un libro co que pretende “axudar a outros rapaces que estiveron na miña situación”. Acaba de rematar 4º da ESO e no seu horizonte está “estudar psicoloxía”. Hoxe presentará a súa primeira obra, “Punto y aparte”, no auditorio de Coles ás 17,00 horas.
Cando comezou a súa andaina pola escritura?
Sempre fun unha nena á que lle gustaba escribir. En clase destacaba polas redaccións e gañaba concursos escolares, pero nunca me animara a probar cun libro. Escribía sempre que chegaba a casa e nunca pensara que se podía publicar.
Cando lle xurdiu a idea de escribir un libro?
Houbo unha época, en 2021, na que non me atopaba no meu mellor momento. Ler e escribir axudábame a evadirme e a sentirme entendida, ver que non era a única que tiña problemas. Miña nai animoume e despois de investigar, decidín autopublicar en Amazon.
De que trata a súa obra “Punto y aparte”?
É unha novela pero eu sempre digo que é un libro de autoaxuda, aínda que sen pautas que che digan o que facer, cambias cando algo che chega a alma. “Punto y aparte” fala dos problemas dos adolescentes que non se tratan, con el quero axudar a xente que estivo na miña situación. No colexio ensínanche materias, pero é importante falar das etapas psicolóxicas.
Como está estruturado?
Componse de 42 capítulos curtos. Inspireime moito en “Blue Jeans” e o “Clube dos Incomprendidos”. Cada un amósache unha parte da historia de cada personaxe e, así, mantense a intriga, suscítase a curiosidade e faise máis ameno.
Quen son as personaxes?
Alicia é a protagonista. Con ela trátanse temas como a autoestima, a ansiedade, as dinámicas familiares… Loita por non deixarse levar polas adversidades do pasado. As demais personaxes, sobre todo Axel, Rocío e Álvaro; mostran outros tipos de adolescencias, diferentes e completamente válidos.
Redactalo foi terapéutico?
Si. Había momentos nos que me enfadaba, retrocedía a momentos atrás, imaxinaba cousas, choraba... Non é autobiográfico, pero tocoume, fíxome crecer.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces