BUM DE JUBILACIONES
La mitad de vacantes por jubilación en Ourense no tendrán repuesto juvenil
ADEUS DE SANTALICES
Cando na tarde de hoxe disfrutaba dun tempo de descanso propiciado polas bondades deste días de outono, o tempo tornouse de tristura ao coñecer a dura nova do pasamento do meu amigo Celso Enríquez Sanmamede, cirurxián que foi do Hospital Provincial de Ourense, e posteriormente no CHUO.
Independentemente da súa indiscutible valía profesional, pola súa pulcritude e precisión milimétricas co bisturí, vaise un home de grandes e demostrados valores. Entre outros, quedará para sempre a pegada da súa bondade, da súa xenerosidade e lealdade ao longo de todo o tempo que exerceu baixo a supervisión do seu exxefe e exconselleiro de Sanidade Manuel Montero.
Esta lealdade foi sempre admirable, tanto no profesional como no humano nos momentos de máxima necesidade. Foi Celso o que enarbolou a bandeira de que non se podía deixar só ao “xefe” e prestoulle a máxima axuda e colaboración, secundado por todo o Servizo, cando chegaron os momentos difíciles para o doctor Montero. Eu fun testigo desa entregada xenerosidade ao longo da miña etapa como xerente do Hospital de Ourense.
Falo aquí dos seus valores porque tiven a oportunidade e a sorte de falar con él a cotío dos aspectos profundos da vida e mesmo das súas complicacións.
Das últimas veces que estiven con él compartindo un café, cando xa coñecía o proceso da súa enfermidade, coincidía que eu ía ser o encargado de exercer como delegado rexio na Ofrenda Nacional ao Apóstolo. Daquela, preguntoume si eu era crente. “Afortunadamente, sí”, dixen. E nesas contestoume: “Si podes reza por min”. Así foi, nesa Ofrenda, no tempo da espera para pedir a intercesión de Santiago Apóstolo por tódolos galegos e galegas, pedín por él porque ninguén coma o meu amigo o merecía máis.
Na súa filosofía de vida sempre estivo axudar aos demais practicando a cirurxía en Ourense e erixíndose como o gran defensor que foi da asistencia sanitaria pública que exerceu ao longo de corenta anos, sempre desde a óptica de atender os problemas para atopar solucións.
Sabía consolar e tamén explicar moi ben aos seus pacientes os seus procesos, en positivo pero sin fuxir da realidade. Así se gañou o afecto de todos os que pasaron pola súa consulta.
Xunto a él sempre estivo a súa muller, María José, formando unha parella sempre comprometida cos valores humanos. Xefa de Servizo na UCI, traballou para avanzar na humanización do seu servizo e conseguíuno.
Vaia para María José e os seus familiares e amigos o meu grande afecto nesta sentida perda que a todos nos deixa un profundo baleiro no corazón.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BUM DE JUBILACIONES
La mitad de vacantes por jubilación en Ourense no tendrán repuesto juvenil
PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
RÉCORD DE TRABAJADORES
Los extranjeros asumen dos de cada tres nuevos empleos en Ourense
Lo último