PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
DESPEDIDA
Nos anos oitenta, cando me nomearon director do Hospital Psiquiátrico de Toén (Doutor Cabaleiro Goás) tiven a sorte de coñecer a Florencio Martínez Vázquez, coñecido como Florencio de Arboiro, nunha homenaxe ás súas raíces, como moi ben explica Olegario Sotelo Blanco.
Florencio desempeñaba as función de mestre de taller, xunto con Andrés Parada, para desenvolver a área de laborterapia, que moito beneficiaba os nosos pacientes, a maioría procedentes do rural.
Andrés ocupábase da área de encadernación de libros, boletíns oficiais e mesmo xornais ou artigos de opinión que lle foran requiridos desde calquera institución. Isto fíxoo durante moitos anos, e foron solicitados pola Xunta, a Deputación de Ourense e outras institucións que se beneficiaron deste traballo que, sendo moi gratificante para os pacientes que alí traballaban, non xeraba ningún custo para as institucións.
Florencio encargábase dunha área máis creativa, como era o tallado, modelaxe, fundición e mesmo debuxo, tanto en madeira como en bronce, ferro ou cartón. Sempre baixo a súa dirección, remataban en auténticas obras de arte, como moi ben se puido comprobar nunha exposición que se se fixo na cidade de Ourense e na que as múltiples visitas que alí foron quedaron sorprendidas.
Florencio, sempre coa súa bata azul, era refuxio e referencia para moitos pacientes. O seu xeito tranquilo de afrontar a vida e as dificultades que esta ten xeráballes aos pacientes a necesidade de estar cabo del todos os días, unha sa dependencia que nos favorecía ao conxunto do hospital.
Os pacientes escoitaban a Florencio, e tamén lle contaban cousas que non lle contaban ao médico, co cal, grazas á colaboración entre ambos servizos, nos permitía ter unha moi boa información do paciente.
Todos se encariñaban con el, respectábano e admirábano moito. Lembro o caso especial dun paciente: un home novo cunha patoloxía complexa que puido rehabilitarse grazas á tutelaxe, dentro e fóra do hospital, de Florencio. Nada hai máis xeneroso.
Hoxe a ourensanía, termo que acuñou Luis González Tosar para definir un xeito especial de andar pola vida, e co que eu me sinto identificado, perde a un dos seus máis importantes referentes.
Denominouse a Ourense como A terra da chispa, identificado por unha roda de afiar. Florencio dedicou boa parte da súa vida a pór en valor ese sinal da nosa identidade.
Máis de catrocentas rodas de afiar de todos os tempos quedaron sen o seu afiador principal. É unha obriga para todos nós non deixar morrer tamén este importante patrimonio.
Grazas pola túa implicación. Descansa en paz, amigo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
Talento Mozo 2026-2027
Ourense contará con dos programas de empleo para jóvenes de entre 18 y 29 años
MÁS DE 7 AÑOS DE CÁRCEL
Condenado por agredir sexualmente a su nieta menor de edad en Pontevedra