TIEMPO EN LA PROVINCIA
Lluvias y tormentas sitúan a Ourense en aviso amarillo
Cando a miña voz cale coa morte, o meu corazón seguirache falando.
(Rabindranath Tagore)
O que viu nunha sala de cine miles de veces fíxose tristemente realidade nel. Chegou o ‘The End’ e a escuridade. Acabou a película dunha vida coa morte do protagonista. Unha morte inesperada, como todas. Fóisenos o noso José Paz Rodríguez, Pepe Paz para as amizades.
Dicir quen é Pepe é fácil: un home namorado da Educación, da India, das ‘crianças’, do cine, de Portugal, de Tagore, de Ourense e da Corna natal.
Coñecín a Pepe a mediados dos pasados anos 70 cando comecei a miña relación co cine clube Padre Feijóo, no cal anos despois coincidimos na directiva e na preparación de Mostras e Xornadas. Estou a velo agora no Cine Mary vendo ‘Os Irmáns Marx no Oeste’ e rindo a mandíbula batida. Ou no hall da Casa de Cultura, tentando recoller durante horas a película que se soltou dunha bobina, ou sentado no banco de madeira da Policía Local para proxectar en 16mm películas na Praza de San Martiño nas festas de Ourense, E tamén... moitos recordos máis, moitos..
Nos últimos tempos vivía parte do ano na India, onde dicía que nin necesitaba medicación polo ben que estaba alí. A pandemia fixo que o pasado ano non puidese viaxar, propósito que tiña en carteira para cando lle fose posible.
E ademais da tristeza pola súa marcha física, tamén porque en vida non puido ver feito realidade o seu maior desexo: que a cidade de Ourense acollese nun inmoble adecuado a súa extraordinaria biblioteca sobre Tagore, do mesmo xeito que as relacionadas con Pedagoxía e co Cine. Seguro que as portas que se lle pecharon cando expuxo a súa proposta de ceder todo ese material agora abriranse para este fin. Dixo Jean Luc Goddard que ‘a fotografía é verdade. E o cinema é unha verdade 24 veces por segundo’. A película da vida de Pepe está aí, cun final inesperado. Quédanos o seu recordo, a súa amizade.
Un forte abrazo para Ana, fillos e demais familiares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TIEMPO EN LA PROVINCIA
Lluvias y tormentas sitúan a Ourense en aviso amarillo
PRIMER SEMESTRE DE 2026
Cae la firma de hipotecas en Ourense, pero aumenta el capital prestado
UN MILLÓN DE EUROS
La Diputación de Ourense moderniza los campos de Esgos, A Peroxa y Pereiro
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy miércoles, 26 de agosto
Lo último
SEIS MESES PARA CAMBIAR DE OPINIÓN
Casi una veintena de bebés fueron entregados al nacer en Ourense en la última década
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
España ante un nuevo orden mundial
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XLIV)
Galería | Comunicación de guerrilla
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Da ingua á ponte das cepas