GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
A nosa común amiga Madita comunicoumo entre bágoas: faleceu Braulio. Para os que tivemos a inmensa fortuna de coñecelo, compartir tantas horas de asembleas, debates, peches, viaxes e claustros na Universidade Laboral de Ourense -onde exerceu de profesor de Matemáticas dende mediados dos setenta ata finais dos oitenta- é unha noticia moi triste. Para os que, ademais, nos considerabamos os seus amigos é unha perda irreparable da que tardaremos moito tempo en nos recuperar.
Braulio foi, ademais de profesor, sindicalista e activista social, loitador incansable en todo tipo de conflitos aos que se enfrontaba cunha envexable afouteza. Modelo de compromiso, coherencia, xenerosidade e respecto con todos, mesmo cos discrepantes. Amigo dos amigos aínda que a distancia -dende mediados dos oitenta residía en Vigo- e o tempo nos separasen.
Hai uns meses emprendeu as que serían as súas derradeiras batallas: a denuncia dun sistema de saúde no que, malia terlle diagnosticado un cancro, o tiveron sen tratar durante oito meses e, finalmente, a cruel enfermidade que lle causou a morte a pesar da titánica loita con que a enfrontou e que nos ía relatando minuciosamente.
Como queira que non consigo atopar as palabras que reflictan o gran pesar por tan enorme perda, tomarei emprestados un versos de Miguel Hernández:
Si me muero, que me muera
con la cabeza muy alta.
“Vientos del pueblo me llevan”
Un manotazo duro, un golpe helado, un hachazo invisible y homicida, un empujón brutal te ha derribado. ... A las aladas almas de las rosas del almendro de nata te requiero, que tenemos que hablar de muchas cosas, compañero del alma, compañero.
“Elegía a Ramón Sijé”
Descansa en paz, amigo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
OBJETIVO: SEGUIR EN PLAY OFFS
Confianzas, las justas en O Couto para la UD Ourense que recibe la UD Sámano
Lalo Pavón
O AFIADOR
As competencias de Díaz