protagonistas
Ramón Santamarina, de Ourense a La Pampa argentina
SITUACIÓN DO PARQUE
A chamada para acudir á explosión nunha casa de Ourense dun depósito de gas evidenciou este mércores á escaseza de medios humanos do Parque de Bombeiros da cidade.
"E iso que onte non foi das situacións nas que nos vimos máis curtos de persoal", explica José Benito Álvarez González, oficial de Bombeiros de Ourense. "Neste momento somos 50 e é preciso chegar a 70 efectivos", explica Álvarez, para asegurar a actuación destes profesionais en todos os incendios, accidentes de tráfico ou apoios en lumes forestais nos que é fundamental que interveñan.
Unha maior dotación de bombeiros no parque ourensán é unha das principais e máis lonxevas reivindicacións do colectivo. "Desde o 2012 pedimos que se incorporen máis profesionais. En 12 anos entraron catorce bombeiros, pero xubiláronse outros tantos...", conta José Benito Álvarez.
O oficial de Bombeiros de Ourense explica que neste momento están "pendentes de que todos os responsables se poñan de acordo para ampliar persoal. Non é cuestión de azuis ou vermellos, é necesario incorporar persoal".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PRESENCIA DE ZARA
Galería | "La moda es arte": la Met Gala 2026, en imágenes
SEGMENTO PRÉMIUM
Un pasaporte especial para viajeros fanáticos del pádel