A Deputación reforzará a seguridade nas estradas provinciais en inverno
INVERNO | TRÁFICO
O ente provincial comunicou que para esta campaña contará con 12 vehículos e 30 persoas. Tamén informaron que repartirán 1.000 toneladas de sal.
A Deputación de Ourense pon en marcha o dispositivo de vialidade invernal "para reforzar a seguridade nas estradas provinciais e facer fronte as adversidades metereolóxicas propias do inverno".
O operativo desta campaña contará con catro camións quita neves 4x4, dous dumpers, un tractor, dous camións e tres todoterreo. Todos preparados con coitela e dispensadores de sal. Co obxectivo de saber onde se encontran en cada momento, cada un dos vehículos estarán equipados cun GPS. Para os días de alerta, 30 persoas estarán mobilizadas e localizadas as 24 horas.
Pablo Pérez, deputado responsable da área de Cooperación do organismo provincial, asegurou que "repartiremos 1.000 toneladas de sal".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PEOR ACCIDENTE DEL SIGLO XXI
El caso del Villa de Pitanxo, a punto de iniciar su juicio
PRIMEROS RESULTADOS
SpaceX baja un 12% en bolsa al disparar su gasto gasto en IA