ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
A directora lucense Olga Osorio, que acaba de estrear a súa primeira longametraxe de ficción (“¡Salta!”), recibirá un premio no Ourense Film Festival (OUFF), que se celebra en Ourense a partir do 29 de setembro. A organización outórgalle o galardón que leva o nome de Chano Piñeiro, pioneiro do cinema galego. “Directora, guionista, fotógrafa, docente, xornalista, ensaísta. As facetas de Olga Osorio son múltiples e a súa paixón alcanza todas”, subliñan dende o festival. A premiada compartiu o seu agradecemento cos seguidores, amosándose “moi honrada de recibir un premio no que me precederon as marabillosas Beli Martínez e Lucía C. Pan e que leva o nome do gran Chano Piñeiro”.
O Premio Chano Piñeiro foi instituído en 2021 para recoñecer a figuras emprendedoras do audiovisual galego. A organización premia á directora de Lugo, de cuxa traxectoria destacan que “asombra, xa que non só escribe cinema, senón sobre cinema”. Osorio xa está a desenvolver o seu segundo filme coa produtora Nostromo Pictures.
No caso de “¡Salta!”, a longametraxe de Osorio estreouse o 1 de setembro nas salas de cinema. É unha película rodada integramente en Galicia, protagonizada por Tamar Novas e Marta Nieto. A cinta conta coa participación de Mario Santos, Rubén Fulgencio, Irene Jiménez, Mabel Rivera e Manuel Manquiña.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último
POSIBLE VICTORIA DEMÓCRATA
Estados Unidos comienza a sentar las bases del futuro post-Trump
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio