ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
OUFF
A violencia de xénero nos institutos e nas casas, o medio ambiente, os oficios antigos, a amizade nas aulas ou a tenrura dos máis pequenos centraron as temáticas das curtametraxes premiadas no OUFF Escola, certame que fomenta a creatividade e o uso do galego entre os máis novos. Preto de 2.000 escolares de toda Galicia participaron no certame, e os colexios ganadores estiveron onte no Auditorio Municipal para recoller os premios desta décima edición, enmarcada no OUFF.
Rapaces de centros educativos galegos invadiron o Auditorio para presentar os seus traballos, proxectos en equipo nos que traballaron durante todo o curso. O primeiro premio na categoría de Infantil e Primaria foi para a curta "Agapito vai de viaxe" do CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira, A Coruña). Os pequenos deste colexio teñen ata un canal de noticias, unha revista e un programa no que contan a actualidade do centro.
Non é a primeira curta que fan, ista céntrase no Parque das Illas Atlánticas. O segundo premio recaeu en "A gorra da sorte, do CPR Plurilingüe María Assumpta (Noia, A Coruña)". Dous rapaces danse conta de que a gorra que ten o "popular" da clase non é o máis importante, senón a amizade entre compañeiras.
O Premio Blanco Amor ao mellor guión foi para "Medrando en dereitos", do CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu, Pontevedra). Na categoría de secundaria, o primeiro premio de Outros niveis de ensino non universitario foi concedido ao IES Isaac Díaz Pardo (Sada, A Coruña) pola curta "Deámoslles voz", un grito contra a violencia de xénero. O segundo recaeu en "Pulso", do IES Chan do Monte (Marín, Pontevedra). O Premio Blanco Amor ao mellor guión correspondeulle a "Mans salgadas, do IES de Foz (Foz, Lugo)", que retrata os oficios mariñeiros da contorna.
O audiovisual por un ensino innovador
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou na gala do OUFF Escola que estes galardóns "son unha mostra da creatividade e da capacidade da mocidade para expresar o que é, pensa, sente ou lle preocupa en lingua galega.
Valentín García animou no evento “a todo o profesorado a empregar o audiovisual como vía para un ensino innovador, atractivo e comunicativo da lingua propia de Galicia”. A concelleira de Educación, María Teresa Rodríguez, salientou como esta actividade "saca a relucir a creatividade e a imaxinación dos nenos ademais de promover entre eles o uso do galego ao mesmo tempo que empregan as novas tecnoloxías". O proxecto convócano Concello e Xunta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía en la OU-533 a su paso por Viana do Bolo
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
ELECCIONES PRESIDENCIALES
Iliana Yotova se convierte en la primera mujer elegida presidenta de Bulgaria
Benito Iglesias
¡El brutal coste de la incompetencia!