ACCIDENTE DE TRÁFICO
Retenciones kilómetricas a la salida de Ourense
USO DO IDIOMA
Os ourensáns son os galegos que máis empregan o idioma galego de xeito constante. Así se desprende do estudo do uso da lingua galega realizado dentro da Enquisa estrutural a fogares (EFE) polo Instituto Galego de Estadística (IGE). Dito informe, feito publico onte, sitúa á provincia de Ourense como a que ten maior porcentaxe de habitantes que empregan “sempre” o galego no seu día a día, un 12,9%, superando a A Coruña (9,9%), Lugo (7%) e Pontevedra (4%).
Dentro da propia provincia de Ourense, a porcentaxe máis alta de galegofalantes sitúase nas comarcas máis sureñas. Celanova, A Baixa Limia, A Limia, Verín e Viana teñen unha porcentaxe de persoas que falan habitualmente galego por riba do 80%. Se nos trasladamos cara as comarcas do noroeste como son Terra de Cadelas, Terra de Trives e Valdeorras esta porcentaxe baixa ata situarse entre o 38% e o 56% da poboación. O mesmo dato rexístrase para os enclaves comarcais de Allariz-Maceda, O Carballiño e O Ribeiro. No último lugar estaría a comarca de Ourense onde a porcentaxe baixa considerablemente ata situarse por debaixo do 38%.
Os datos resultantes da enquisa non son nin moito menos alentadores para o idioma de Rosalía e Castelao. O uso habitual do galego continúa a perder peso por toda a xeografía galega. De xeito concreto, o estudo certifica que xa son máis os cidadáns que falan sempre en castelán (29,6%), que os que utilizan a lingua cooficial de forma continua (24,3%). Esta situación era inversa en 2018, cando se publicou o último informe deste tipo. Neses intres, a poboación que falaba sempre en galego na comunidade situábase por riba do 30% e a porcentaxe de quenes o facían sempre en castelán estaba nun 24,4%.
Dende a Xunta de Galicia achacan que este aumento de castelánfalantes está directamente influenciado pola chegada de “novos galegos”, xa que o número de persoas non nacidas na comunidade galegaa aumentou en 115.000 no último lustro. Ademais, dende o Executivo aitonómico salientan que segue a ser o idioma cooficial máis empregado do Estado español.
Se se miran os datos a futuro, a realidade é canto menos preocupante, xa o coñecemento do idioma baixa entre as xeracións máis xóvenes. No apartado relativo a saber falar galego, o 32,4% dos nenos entre 5 e 14 anos sabe falar “pouco ou nada” en galego. Neste grupo de idade, só o 7% fala galego, mentres que 53,6 só emprega o castelán. O contrapunto está entre os maiores de 65 anos, onde máis de 50% afirma dominar moito o idioma e o 40% comunícase sempre en galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Retenciones kilómetricas a la salida de Ourense
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales