ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
A provincia volverá a converterse en plató de cine moi pronto. En metade da voráxine do éxito actual de "Cuñados", a comedia de Portocabo rodada no Ribeiro, agora será outra produción apoiada pola Deputación de Ourense a que leve os recunchos da provincia á gran pantalla. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, recibiu ao gran triunfador dos XIX Premios "Mestre Mateo", o director Alfonso Zarauza -quen conseguiu este ano 9 dos 12 galardóns aos que aspiraba coa película "Ons"–, xuntanza na que lle confirmou o apoio da institución provincial á que será a vindeira película do guionista e director galego, "Malencolía". O filme rodarase na comarca do Carballiño.
Baltar trasladoulle a Zarauza os parabéns polo éxito logrado nos Mestre Mateo, "o que supón un gran aval de calidade para o seu próximo proxecto, no que Ourense tamén será protagonista a través dos seus magníficos escenarios naturais, no marco da decidida aposta da Deputación polo ámbito audiovisual".
Producida por Maruxiña Films, compañía fundada polos irmáns Alfonso e Rubén Zarauza e con numerosas distincións nacionais e internacionais, "Malencolía" está concibida como "unha película de terror con temática tradicional galega, rodada integramente en galego e cun equipo técnico e artístico cen por cen do país", segundo trasladan desde a Deputación.
No encontro, celebrado no Pazo Provincial, tamén participaron o produtor Martín Calviño e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar.
O goberno provincial ourensán continúa así coa súa "aposta decicida" por Ourense como escenario cinematográfico e de series, co evidente impulso da provincia grazas á repercusión de filmes como "Cuñados". Foi precisamente na preestrea desta comedia onde Baltar anunciou a próxima produción, "Malencolía".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
Lo último
ACCESO A LA VIVIENDA
La huelga general por la vivienda ya tiene fecha: será el 11 de noviembre
ENCUENTROS EN LA DIÁSPORA
¡Adentro! reúne a mayores hispanohablantes en Alemania para formarse como animadores socioculturales