ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
VIVIENDA Y TURISMO
O Concello de Parada de Sil vén de tomar unha decisión histórica ao suspender, durante dous anos, as licenzas de rehabilitación e construción para actividades de aloxamento turístico no núcleo urbano da localidade. A medida, aprobada no último pleno a proposta do PSOE, contou co apoio deste grupo, a abstención do BNG e o voto en contra do PP.
Segundo o goberno local, o obxectivo é reorganizar os servizos básicos, como o abastecemento de auga, saneamento, recollida de lixo, aparcadoiros e tráfico para garantir unha convivencia harmoniosa entre residentes e visitantes, ademais de anticiparse ao impacto da esperada declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Humanidade.
Actualmente, no núcleo de Parada de Sil existen 111 prazas de aloxamento rexistradas, segundo datos do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT), unha cifra que o consistorio considera suficiente, tendo en conta que o núcleo urbano conta con 105 veciños (segundo o IGE) e o municpio enteiro ten 520 habitantes.
O alcalde, Aquilino Domínguez, destaca que a medida non afecta ás aldeas e parroquias do concello, onde as licenzas continuarán sendo aprobadas, co obxectivo de fomentar o investimento noutros núcleos e preservar o patrimonio rural. “É o momento de abrir unha reflexión tranquila sobre este tema”, sinalou o alcalde, subliñando que o turismo segue a ser o principal motor económico da zona, pero que é necesario un equilibrio.
Ademais, a medida busca responder a un problema crecente: a falta de vivenda de alugueiro non turístico no municipio. A alcaldía traballa en estímulos para que os traballadores procedentes doutros concellos poidan acceder a vivendas de alugueiro, garantindo así que o crecemento turístico non prexudique a poboación local, así mesmo explican que “o Concello agradece aos emprendedores o seu esforzo en crear riqueza e postos de traballos e agardamos que entre eles, o concello e a veciñanza sigamos traballando por unha Parada mellor”.
O municipio pasou de contar con dous bares en 2007 a seis na actualidade, “tres dos cales ofrecen carta”, engaden, e dispón de 441 prazas de aloxamento en todo o territorio. Este crecemento é reflexo da aposta polo turismo, pero tamén xera retos que o Concello pretende abordar de forma ordenada e sostible.
Con esta suspensión temporal, Parada de Sil inicia un período de análise e planificación que busca garantir que o turismo siga sendo unha fonte de riqueza sen comprometer a calidade de vida da veciñanza nin a identidade do núcleo urbano. A medida aspira a fortalecer a harmonía entre residentes e visitantes, mentres se reforzan as oportunidades para os emprendedores que queiran apostar polos pobos e aldeas do concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
RÉCORD HISTÓRICO DE VOLUNTADES
Los testamentos vitales se duplican en Ourense durante el último año hasta superar los 500
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas