ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
URBANISMO
Así, nos acuáticos o elemento principal o constitúe a auga; os de atraccións, que destacan polo elemento lúdico ou festivo; os temáticos, dedicados ó estudio; zoolóxicos, relacionados cos animais; os nacionais, encargados da preservación da natureza; infantís ou para bebés, e o urbano, que é o que nos ocupa.
Un parque urbano é de acceso libre cando a responsabilidade do seu deseño e mantemento corresponde ós poderes públicos, xeralmente os propios municipios. Dentro del se inclúe o mobiliario urbano, os xogos, a existencia de sendeiros, pistas multi-servizo, amplas zonas verdes, servizos hixiénicos, alumeado e un longo etcétera, dependendo o maior ou menor servizo dos mesmos do orzamento destinado a tal fin, ó que se suma as características naturais do entorno.
O Parque Couto, rodeado pola avenida da Ribeira Sacra maila rúa de Bispo Lourenzo, dunha extensión aproximada duns 8.375 metros cadrados, inaugurouse no ano 1982, durante o mandato do alcalde López Iglesias. Construído polos recheos que se fixeron sobre os terreos procedentes das fincas da Marquesa de Atalaya Bermeja (Angelita Varela) máis a doazón aportada polos veciños do Couto: Antón Díaz Gallego e Xosé Seoane, sen esquecer a participación do propio Concello de Ourense.
Foi o equipo municipal formado polos funcionarios Francisco Javier López Pérez, enxeñeiro técnico de xardíns, mailo delíñante proxectista Jorge Abadín Pérez o autor do deseño deste proxecto, caracterizado por unha alongada forma xeométrica semicircular cinguida por unha pista asfaltada co circunvala, o que permite a súa utilización como pista de bicicleta máis zona de peóns. No interior existe un taboleiro xigante para o xogo de xadrez totalmente rodeado de parterres, así como unha gran pista asfaltada, de 1.250 metros cadrados, en forma rectangular, dedicada a patinaxe.
A parte vexetal a conforma a especie biolóxica dos perennifolios, e atópase representada pola familia dos arciprestes de Arizona, os cedros do Atlas, ademais dos do Himalaia, plantados como peche natural do taboleiro do xogo de xadrez, namentres cos representante dos caducifolios, praderíos de folla de freixo e chopos prateados, rodean a pista interior, ademais, os segundos, de servir de espazo de separación entre o parque maila transitada rúa de Bispo Lourenzo.
A característica especial deste parque a constituíu, no seu día, a orixinal innovación constituída pola recollida da auga pluvial sen a presencia dos clásicos sumidoiros, xa que o líquido se absorbe mediante o sistema percolación, consistente no emprego de grasidem que permite o paso lento da auga da choiva a través desta materia permeable.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
Lo último
ENCUENTROS EN LA DIÁSPORA
¡Adentro! reúne a mayores hispanohablantes en Alemania para formarse como animadores socioculturales
ASUMIRÁ INICIALMENTE EL CONCELLO
Dos días con el cadáver de su marido en casa por no tener dinero para enterrarlo en O Carballiño
RETIRADA DE LA SELECCIÓN
Vídeo | Messi se despide de Argentina a lo grande: gol, dos asistencias y una ovación eterna