MOVILIDAD INTERPROVINCIAL DIARIA
Ourense registra más de 38.000 desplazamientos al día hacia otras provincias
Educación
A segunda xornada de Galiciencia, maior feira científica da comunidade, celebrouse onte co obxectivo de espertar vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Bacharelato. “A innovación poscovid a través da revolución do talento” é o lema desta edición, que, por segundo ano consecutivo, organizouse en formato online debido á situación sanitaria.
O certame científico remata hoxe, e a vindeira semana daranse a coñecer os gañadores do concurso de proxectos e tamén do concurso de fotografías promovido a través da rede social Instagram.
Ao longo da segunda xornada celebráronse dous talleres. Os alumnos de Primaria realizaron o taller “CSI”, onde tiveron a oportunidade de coñecer a relación que existe entre a ciencia e a tecnoloxía e a investigación policial.
Os participantes convertéronse en policías da unidade CSI para lograr resolver unha misteriosa desaparición, concretamente, a dunha torta. No transcurso do taller, recolleron e clasificaron as probas, extraeron impresións dixitais, identificaron rastros ocultos utilizando luz ultravioleta, elaboraron un retrato robot de forma conxunta e analizaron rastros de sangue falsa e pegadas de zapatos.
Pola súa parte, os alumnos de Secundaria participaron no taller “Microbioloxía para entender o mundo”, a través do cal puideron descubrir, mediante exemplos cotiáns, como a microbioloxía xoga un papel fundamental tanto na nosa saúde como no noso día a día.
A feira clausúrase hoxe, coa celebración de dous novos talleres co título “Como pode voar un helicóptero en Marte?” para rapaces de Primaria e “Espiando a coroa” para mozos de Secundaria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD INTERPROVINCIAL DIARIA
Ourense registra más de 38.000 desplazamientos al día hacia otras provincias
MECANISMO FINANCIERO
Nueve concellos ourensanos acuden al fondo estatal de pago a proveedores
Lo último
MÁS DE UN MILLÓN DE PERSONAS
Vídeo | Espectaculares imágenes aéreas retratan un centro de Madrid desbordado por la misa de León XIV
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Muere un joven de 29 años en un accidente en Ponte Caldelas y deja grave al copiloto