Pato reivindica o feminismo na recepción do Clara Campoamor
DÍA DE LA MUJER TRABAJADORA
A poeta ourensá recibiu o premio do concello de Ourense que honra á igualdade de oportunidades
A poeta ourensá Chus Pato recibiu onte o Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, concedido por unanimidade polo xurado da 12ª edición do certame organizado polo Concello de Ourense, que destacou que o seu traballo vai "máis alá das nosas fronteiras".
Nun escenario especial como o Liceo, onde Chus Pato lembrou que "moitos escoitamos a Led Zepellin ou Pink floyd", a poeta subliñou o importante labor do feminismo, "que mellorou as vidas de homes e mulleres" ao longo dos anos. "Son feminista desde que teño uso de razón", manifestou, tras salientar que malia que "vivimos mellor que as nosas avoas e nais", as mulleres "seguimos soportando a violencia estrutural" da sociedade.
A premiada non perdeu a ocasión de homenaxear a vida de Clara Campoamor, enxalzando como rompeu no seu tempo a disciplina de voto do Partido Radical para permitir o voto feminino, subliñando que contou "co apoio do Partido Galeguista, algo do que me sinto orgullosa". Non dubidou en afirmar que se sentía "moi pequena" ao lado de Campoamor.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, destacou "o luxo e a honra" que supón para Ourense dar este premio a Pato, "unha muller cuxa traxectoria vital e intelectual a converte nun espello no que mirarse, un referente necesario para xeracións de homes e de mulleres que aspiran a vivir nunha sociedade mellor, máis igualitaria e máis xusta". Vázquez lembrou que o Clara Campoamor recoñece que "as vitorias non chegan senón despois de loitar, de reivindicar e de traballar a prol dos obxectivos".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
Lo último
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
La amenaza invisible
CATALUÑA EN EL EXTERIOR
Cataluña inicia en México un ciclo internacional de foros económicos con más de 200 asistentes
CIBERSEGURIDAD EN OURENSE
Equipo @ y Edite, los guardianes de la red