GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
Barbadás prepárase para acoller o proxecto que busca converter Piñor no epicentro do centenario do nacemento da escritora salmantina Carmen Martín Gaite. Así, como parte dunha serie de actos conmemorativos, a primeira cita arrincará o próximo 29 de abril cunha andaina literaria que percorrerá lugares que poden identificarse na obra de Martín Gaite, de cando pasaba os veráns da súa infancia na localidade.
O concello espera que esta actividade sexa o punto de partida para un ano de eventos en honra da autora, que culminará o próximo 2025 coa celebración do seu centenario. Para participar na andaina literaria, os interesados poden apuntarse na páxina web do Concello no icono “Piñor, lugar literario”.
O proxecto, ademais de ter unha destacada implicación cultural, tamén conterá actividades urbanísticas, medioambientais, didácticas e literarias ao redor da figura da escritora e a súa obra.
Dende o Concello de Barbadás esperan que este proxecto poida impulsar o desenvolvemento da localidade, facendo fincapé na necesidade de coidar o medio ambiente e o patrimonio natural e cultural de Piñor, tal e como sinalaron onte a tenente de alcalde, Victoria Morenza, e o rexidor, Xosé Carlos Valcárcel.
Ambos son os encargados de capitanear este proxecto e, según indicaron, xa mantiveron contactos co Ministerio de Cultura, que amosou un grande interese por sumarse e participar na organización deste centenario.
O proxecto ten como obxectivo dar a coñecer a figura da escritora Carmen Martín Gaite e a súa relación con Piñor, así como os tesouros agochados da zona. A andaina do día 29 percorrerá por primeira vez este roteiro literario.
Ademáis, preténdese que se convirta nun referente no turismo cultural e literario e que se estude nos centros educativos do municipio con unidades pedagóxicas específicas. Tamén se planéasea traducir ao galego as novelas que dunha ou outra maneira teñen relación con Piñor, coma se reflexa na novela “Retahílas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
POSIBLE FALLO EN LA ESTRUCTURA
Tres menores resultan heridos en Vimianzo tras caer desde un balcón
EN CONFIANZA
Manolo Celta, a maxia da fotografía con Potiños