Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”

Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula

En nuevo presidente de los Ingenieros Agrícolas de Ourense llama a reforzar el sector, y avanzar en la instalación de nuevas industrias en el rural

Pepe Paz, novo presidente dos enxeñeiros agrarios de Ourense
Pepe Paz, novo presidente dos enxeñeiros agrarios de Ourense | Martiño Pinal

A asemblea do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense apostou pola continuidade, e elixiu a José “Pepe” Paz como novo presidente despois de que desenvolvera distintas responsabilidades na directiva saínte. Paz manterá a parte da directiva actual, con varios rostros mozos que acheguen novas perspectivas de cara o sector primario ourensán.

Pregunta.O Colexio de Enxeñeiros Agrícolas vén de celebrar a súa asemblea. Que tal discorreu?

Respuesta.Perfectamente, como estaba previsto. Coa asistencia, próxima ás 70 persoas, que no noso colectivo facelos desprazar un sábado non é unha cousa fácil. A verdade é que é grato contar coa presenza dos colexiados.

P.2025 vai ser un ano positivo para o colexio de enxeñeiros, que van pechar co orzamento en positivo. Iso son boas novas?

R.A dirección que acabamos de rematar tiñamos unha política de traballo e unha certa austeridade, o cal nos permite movernos cuns recursos positivos.

R.

P.Co seu novo equipo, e cun ano por diante, como se presenta o 2026?

R.Do novo equipo repetimos moitos. Eu xa estaba na anterior xunta de goberno, pero introducimos xente nova que nos vai aportar moitas cousas. Temos expertos en diversas áreas novas, e continuaremos co traballo que viñamos facendo, que cremos que é bo.

R.Os nosos colexiados así o manifestaron a través do seu voto, e os novos directivos nos van aportar moito. Cremos que podemos seguir aportando non só ao noso colectivo, na defensa do colectivo de enxeñeiros, e queremos ir máis alá, e contribuír á mellora do noso ecosistema, onde desenvolvemos a profesión, que é o medio rural, e queremos colaborar con todo o que aí se move.

A nova directiva do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense
A nova directiva do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense | Martiño Pinal

P.Cales serían, dende a súa perspectiva, eses retos, esas necesidades de futuro que teñen os enxeñeiros e o medio rural?

R.Un colexio profesional dedícase principalmente á defensa dun colectivo e dunha profesión en todos os seus ámbitos, o sea, defendelos e contribuír á súa mellora formativa e que cada día os nosos traballos sexan mellores. Pero a realidade é que, tanto os que son funcionarios como os que desenvolvemos a profesión por libre, traballamos con xente do campo, o noso cliente son agricultores, son gandeiros, son xente que vive no rural.

R.O rural hoxe somos unha minoría, somos importantes, cremos que o sector agrícola-gandeiro ten que ser unha forza estratéxica no desenvolvemento económico e social no mundo en que vivimos, e a veces esquécesenos. Estamos un pouco desdebuxados. Todo o mundo come, todo o mundo bebe, pero non o dan identificado con que hai un produtor por detrás que ten familia. Logo niso temos que mellorar porque o rural funciona moito cun relato pero menos con orzamentos e realidades e niso nós como profesionais que nos desenvolvemos nese espazo debemos contribuír.

P.Cales serían eses lugares a reforzar para seguir mantendo ese protagonismo e esa forza?

R.Este ano vimos dunha vaga de lumes bestial. Andaban por aí en prensa unhas fotos aéreas moi chulas e eu observeinas. Por deformación profesional que eu sempre me dediquei ao mundo da viticultura e de adegas, vin que un dos cortalumes importantes na comarca de Valdeorras, en Monterrei e no Ribeiro eran as propias viñas.

R.O que está claro é que a presenza de empresarios con intereses no medio rural fan de cortalumes que son gratuítos. Logo é importante que nos esforcemos todos en viabilizar estruturas e empresas produtivas no medio rural.

R.Temos un instrumento importante que é a Lei de Mobilidade de Terras á que debemos contribuír a utilizala, a facer uso dela, e despois tamén supoño que todas as institucións se deben implicar en conseguir a construción do novo rural. Ás veces, o rural parece que temos que buscar aquelas áreas bucólicas, aquilo do antergo e non, o que temos é que facer un novo rural onde haxa asentamento de industria agroalimentaria, onde haxa explotacións, non poden ser as que eran antes, teñen que ser explotacións novas con outra dimensión, cuns outros enfoques.

R.Aí temos moito que facer e evidentemente non é un traballo de catro anos, é un traballo dunha vida, pero creo que aí nos vai a todos, non só o noso colexio, senón a Deputación, os concellos, a propia Xunta debe implicarse nese aspecto bastante.

P.Tamén xoga un papel o relevo xeracional. Como están nese eido nos enxeñeiros?

R.O noso relevo xeracional crece. Hai na facultade de Ourense especialidades que van asentar a súa vida no eido rural, e o que temos é conseguir entre todos que os novos se acheguen máis e vexan isto como unha solución, non só a nivel de enxeñería, senón a nivel tamén empresarial.

R.No mundo vitivinícola xa estamos vendo que iso está ocorrendo. Posiblemente sexa o sector máis dinámico e de máis proxección nos últimos anos. Hoxe, os viños galegos están arriba de todo nos rankings internacionais. Pero eu creo que temos xa experiencias de gandería ecolóxica, de carnes ecolóxicas punteiras tamén, temos produtos de horta, temos algunhas experiencias pequenas que debemos proxectar ao nivel do viño.

R.Aí hai moito espazo e, evidentemente, témolo que incorporar con xente nova que saia da universidade. Eu xa veño observando que entre os nosos colexiados non é que sexa unha expansión grande, pero xa hai bastante presenza de colexiados que son titulares de empresas agrarias e iso posiblemente deba ocorrer nalgunhas máis.

Contenido patrocinado

stats