Pereiro urxe o arranxo e mais o traspaso da estrada N-120a
Infraestructuras
Co traspaso, a estrada sería de titularidade municipal
O alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, mantivo unha xuntanza co responsable da Unidad de Carreteras do Estado en Ourense sobre o arranxo e o posterior traspaso da titularidade da N-120a –tamén coñecida como a vella C-546–.
Esta vella estrada de Monforte, ao seu paso polo municipio de Pereiro, a través de Melias e Vilariño está en mal estado e o seu arranxo foi solicitado de forma unánime polo pleno do Concello. Asemade, tamén se pide o posterior traspaso da súa titularidade, que pasaría a ser municipal.
Luis Menor pediu que se fixesen os arranxos "o antes posible", xa que a estrada está "en moi malas condicións" e reiterou o compomiso de asumir o traspaso "e o seu ulterior mantemento".
O rexedor incidiu en que no caso de Vilariño, esta é a única estrada de comunicación coa capital; mentres, no caso de Melias a urxencia é sobre todo na travesía da parroquia. En canto á urxencia do traspaso da vía, Menor quere que os veciños "se vexan beneficiados á hora de levar a cabo peches de fincas e construción nas condicións que marca o noso plan xeral de ordenación urbana e non a Ley de Carreteras estatal", xa que esta última esixe un retranqueo de 25 metros dende a arista da estrada, "o que resulta de todo punto inviable".
O responsable da Unidad de Carreteras comprometeuse a trasladar estas peticións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
48 HORAS DESPUÉS
La solidaridad toma el relevo en las aldeas de Viana do Bolo
TEMPERATURAS EXTREMAS
Una ola de calor sahariano dispara los termómetros en Ourense
Afonso Vázquez-Monxardín
As xoais de Zapatero, oportunidade perdida