Podcast. Sétimo día do OUFF: Máis cine por favor!
OUFF 2021
O Ourense Film Festival suma este xoves o seu sétimo día da 26ª edición. Tras entregar este mércores o premio Televisión OUFF 2021 ao carismático actor José Coronado pola súa extensa carreira en televisión, hoxe é o turno de Enrique Cerezo, que recibirá no Teatro Principal o premio "Historia del cine español". O certame quere recoñecer a traxectoria dun "referente en la cinematografía española, al poseer cerca del 70% de los títulos españoles".
La Región · OUFF 2021. Máis cine por favor ! Axenda sonora do 30 de setembro
Enrique Cerezo, que comezou no mundo audiovisual dende moi pequeno. Traballou dedicándose a proxección de películas na súa escola e logo foi axudante de cámara na obra “Un millón en la basura” (1967) de José María Forqué. No 1974 deu o salto a dirección, liderando a rodaxe de "La sonrisa del sol: Almería". O seguinte paso foi crear a súa propia productora. Ademáis preside dende 1998 la EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales). Directores como Buñuel, Amenábar, Alex de la Iglesia, Fernando Trueba, Julio Medem o Berlanga rodaron para a súa productora.
A maiores, coñeceremos o palmarés do Ourense FIlm Festival: Playgroud foi elexida a mellor película, mentres que Ferit Karahan, por Mi Mejor amigo., recibiu o premio Carlos Velo á mellor dirección. O premio especial do xurado foi para "Uzi", de Pepe Valle. Non foron os únicos premios que se deron a coñocer este xoves.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Fillos da máquina
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La princesa ilustrada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 6 de mayo
DERROTA 1-0
El Atlético dice adiós sin coraje en semifinales