A Policía Autonómica tramitou 15 denuncias por incumprir as normas covid en Ourense
Realizáronse 73 inspeccións centradas no control de fumadores na rúa, aglomeracións ou festas
Axentes da Policía Autonómica tramitaron,dende a entrada de vigor na medianoite do pasado venres da orde da consellería de Sanidade, un total de 73 inspeccións e 15 denuncias no concello de Ourense A Policía Autonómica levou a cabo este dispositivo no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes para evitar a propagación do coronavirus, logo de que a Consellería de Sanidade acordara no subcomité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia, a prohibición de reunións de persoas non convivintes no concello de Ourense, mantendo no barrio ourensán do Couto, as restricións de consumir no interior de bares e cafeterías.
As inspeccións centráronse no control de fumadores na rúa e en terrazas, aglomeracións, festas privadas, o uso obrigatorio da máscara e o cumprimento da distancia de seguridade, aforos, horario de peche e as medidas sanitarias en terrazas, espectáculos públicos e nos establecementos abertos ao público. Este operativo enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONGRESO PROVINCIAL
Martín Gil, ratificado como presidente de Novas Xeracións del PP en Ourense
UNA VIDA DE COLECCIÓN (LI)
Galería | La historia del comercio local de Ourense contada en carteles
CORTES DE LUZ
Ourense es la sexta provincia de España con más apagones
Lo último
CENTRALES REVERSIBLES
Trece proyectos pugnan por crear megabaterías en los ríos de Ourense
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 19 de octubre?
SUMINISTRO ELÉCTRICO
Una veintena de centrales ourensanas son estratégicas en el sistema eléctrico