Premiado un corto de animación do CEE Miño
Os nenos do colexio de atención especial Miño da cidade foron galardoados onte pola Xunta na X edición dos premios de curtametraxes de animación en galego “Nós tamén creamos”. Os galardóns divídense en tres categorías: segundo ciclo de educación infantil, cuxo premio recaeu na curtametraxe “Sopa verde”, do CEIP Albeiros de Lugo; na categoría de primeiro e segundo de primaria, foi premiada a curtametraxe “Ou Camiño”, do CEE Miño; e en terceiro e cuarto de primaria, gañou a obra “Un conto cheo de lobos”, do CEIP Manuel Villar Paramá, da Estrada. As curtametraxes, todas realizadas coa técnica de “stop motion” e en idioma galego, son adaptacións de textos literarios.
Na entrega de premios de onte en Santiago estiveron presentes o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, así como uns 55 alumnos e 10 profesores acompañantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”