TIEMPO EN OURENSE
Ourense respira: las temperaturas máximas dan una tregua esta semana
CINE
A xornalista e cineasta galega Paula Cons é a gañadora do Premio Xacobeo do OUFF, outorgado por unha comisión mixta formada por membros do festival, a Deputación de Ourense e a Xunta. A directora de "A illa das mentiras", a única produción galega da sección oficial desta edición, obtén este galardón dotado con 12.000 euros que se estrea nestas vodas de prata do Ourense Film Festival. É un destacado premio, cuxa contía é similar á da Calpurnia, o máis alto recoñecemento do festival. "Polo talento, tesón e profesionalidade, valores nos que se ven representadas tódalas mulleres do audiovisual galego que loitan por ocupar un lugar destacado no panorama nacional e internacional", citaron onte entre os motivos da elección da gañadora.
"Estou moi contenta, vouno invertir na película, tentar chegar a salas de toda España", explicou a cineasta Paula Cons, que relata en "A illa das mentiras" a historia do buque Santa Isabel, coñecido como o "Titanic galego", que en 1921 afundiu na illa de Sálvora con 260 emigrantes a bordo. As tres mozas que conseguen salvar a 50 persoas son as protagonistas do filme que precisamente chega hoxe a salas comerciais e que xa se puido desfrutar no OUFF.
"Este galardón afianza a posición de Ourense como capital do cinema galego. É unha homenaxe ao caracter, talante e valentía da mulleres galegas", destacou o presidente provincial, Manuel Baltar. Sobre o premio, Baltar subliñou que "está dotado coa máxima cantidade, non existe en Galicia ningún premio ao audiovisual en galego como este que se outorga no 25 aniversario do OUFF".
Anxo Lorenzo, secretario de Cultura da Xunta, puxo en valor a "particular mirada da autora para achegarnos a unha historia sorprendente e pouco coñecida que merecía ser contada e que reflicte a esencia dunha sociedade e unha forma de vida na que as protagonistas exemplifican a fortaleza, a valentía e a dignidade de moitas mulleres galegas da época".
O premio Xacobeo non é incompatible co resto de galardóns do OUFF, polo que a cineasta coruñesa pode optar á Calpurnia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TIEMPO EN OURENSE
Ourense respira: las temperaturas máximas dan una tregua esta semana
CAMPAÑA DE VERANO
La campaña de verano dejará 3.600 contratos de trabajo en Ourense
"QUERO SER INVESTIGADORA"
Podcast | Fóra dos laboratorios da UVigo tamén hai investigadoras sen bata
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Martes, 2 de junio
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Las leyendas del cementerio de San Francisco