UN LUGAR DIFERENTE
El manual de longevidad de los centenarios ourensanos
A Xunta, a empresa Boeing e a organización sen ánimo de lucro First Scandinavia colaboran na posta en marcha da primeira Aula Newton de España no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) de San Cibrao das Viñas. Trátase dunha oportunidade para que os estudantes de entre 14 e 16 anos se acheguen ás materias de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM) dunha forma innovadora, con equipos de alta capacidade, a través da cooperación, o debate e a diversión.
Conforme sinalou a Xunta, o apoio do Goberno galego a esta iniciativa enmárcase no programa “Voando alto, sumando vocacións” do Polo Aeroespacial de Galicia, que ten como obxectivo fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade para espertar o interese polas carreiras STEM. Para iso, o Goberno galego conta coa colaboración das empresas Boeing, Indra e Babcock, o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) e o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR).
Deste xeito, dous anos despois de que unha Aula Newton móbil recalase en Lugo, equiparase un espazo de aprendizaxe permanente na Tecnópole, entidade que conta con experiencia na organización deste tipo de actividades educativas, como a Feira Galiciencia ou as Aulas Tecnópole.
A Xunta sinala que este tipo de iniciativas teñen un formato de “éxito probado” en Noruega, onde hai máis de 40 aulas permanentes e encaixan especialmente ben nas zonas rurais, ao permitir que os estudantes melloren as súas habilidades en materias STEM baixo a supervisión de profesores especializados. A inscrición para que os centros de educación secundaria galegos participen xa está aberta.
Pola súa banda, a directora xeral de Boeing International, Angela Natale, asegurou que lle “encanta” seguir investindo nos “enxeñeiros do mañá en Galicia con esta nova oportunidade de aprendizaxe para os mozos”. “Coñezo de primeira man o gratificante que é aprender e traballar en áreas relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas, e os proxectos Newton están a axudar a motivar a unha nova xeración”, sinalou Natale.
O director xeral da organización sen ánimo de lucro, Stian Elstad, sinalou que “é un orgullo presentar a primeira Aula Newton permanente en Galicia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN LUGAR DIFERENTE
El manual de longevidad de los centenarios ourensanos
ÚLTIMA JORNADA
3.200 consultas anuladas por la huelga de médicos en Ourense
UN HELICÓPTERO MEDICALIZADO
Un herido tras ceder el suelo de su vivienda en Castro Caldelas
INVADIÓ EL CARRIL CONTRARIO
Condenada tras provocar un accidente en Ourense cuando iba drogada
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”