Primeira pedra para a constitución en Vigo da Cátedra José Saramago
UNIVERSITAS
A Universidade e a Fundación do Premio Nobel asinaron un primeiro convenio de colaboración entre ambas entidades
A constitución en Vigo dunha Cátedra José Saramago é aínda un proxecto, pero a sinatura dun primeiro convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Fundaçao José Saramago pon a pedra de arranque a unha iniciativa que ambas institucións agardan se converta en realidade nos vindeiros meses, tal e como subliñaron tras a sinatura do acordo, o reitor vigués, Salustiano Mato, e a presidenta da Fundaçao José Saramago, Pilar del Río, tradutora e viúva do Premio Nobel, que acudiu a Vigo acompañada do director xeral da fundación, Sérgio Machado.
"Con este acordo comeza un proxecto moi bonito e engaiolante, un proxecto de apoio mutuo e traballo a prol da difusión de todo o que significa a figura e a obra de José Saramago", explicou tras a sinatura do acordo Salustiano Mato, que puntualizou que o obxectivo do convenio é regular a colaboración entre ambas institucións, aspecto no que tamén fixeron fincapé os profesores Burghard Baltrusch, director de Departamento de Filoloxía Galega e Latina, e Carlos Nogueira, dous dos principais impulsores da iniciativa, que asistiron tamén á sinatura do convenio no despacho do reitor.
Segundo explicou o reitor vigués, este proxecto de colaboración nace ao calor do recentemente creado clúster en humanidades. "Se ben o campus de Vigo está especializado no mundo da tecnoloxía isto non significa que teñamos que descoidar a investigación humanística", recalcou Mato, ao tempo que fixo fincapé en que este tipo de proxectos contribúen de xeito importante á internacionalización da Universidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
"AMIGO LEAL DE MUÍÑOS"
Miguel Ángel Santalices, fillo adoptivo de Muíños