Primeiras homenaxes a Xela Arias polas Letras Galegas
Día das Letras Galegas
O Campus e o Espazo Xove inauguran unha exposición sobre a infancia da poeta de Sarria
As homenaxes a Xela Arias con motivo do Día das Letras Galegas xa asoman pola cidade. Onte inaugurouse por partida dobre a exposición “Aquela nena de Sarria”, unha das mostras itinerantes preparadas pola Xunta, e que xa se pode visitar en dúas localizacións: no Espazo Xove -na rúa Celso Emilio Ferreiro- e na Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus.
A mostra abre citando unha íntima convicción que percorreu a biografía e a obra da poeta lucense: que “de certo, a vida ía en serio”. En calquera dos dous espazos, unha serie de paneis percorre os anos de infancia de Arias, rastrexando neles as sementes da súa produción literaria.
Durante a inauguración da mostra no Campus, a profesora Isabel Mociño destacou que “é unha boa maneira de achegar ao alumnado a experiencia vital de Xela Arias”, e celebrou que se poden establecer conexións entre o futuro destes profesores e profesoras en potencia e a influencia que tivo Valentín Arias, mestre, na vocación da súa filla. “«Aquela meniña de Sarria» móstralles que a escola é un piar fundamental das nosas vidas”, insiste Mociño.
A profesora Ana Iglesias apuntou que este non será o único acto de homenaxe a Arias no Campus. Adianta que haberá outra exposición, e lembra que o alumnado participa nun concurso baseado en reinterpretar a obra da poeta, “con resultados audiovisuais que comezaremos a difundir en liña este mes”. Os días 13 e 21 de maio, o Campus acollerá a especialistas convidadas para falar sobre Arias.
“É a primeira vez que esta facultade acolle unha celebración tan importante das Letras Galegas”, celebrou o decano, Xosé Manuel Cid, aínda que lamentou que as datas coincidan cos exames. “Nos descansos do estudo, convido os alumnos a pasar por aquí para aprender cousas que non saen no temario, pero son boas para a vida!”, destacou.
A inauguración no Espazo Xove estivo presidida polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, quen celebrou o modelo de Xela Arias para a mocidade. “A mostra -apuntou- é un gran de area para divulgar a cultura galega entre os mozos e dunha figura precursora da nosa literatura, que faleceu pronto -Xela Arias morreu con 41 anos, en 2003-, pero tivo unha longa actividade”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MANIOBRA ANTIRREGLAMENTARIA
Piden casi 7.000 euros al acusado de provocar el vuelco de un coche en Untes al adelantarlo
LOS MOTORES GANAN A LOS VECINOS
El parque móvil supera al padrón de vecinos en 71 municipios de los 92 municipios de Ourense
ESTRENO DE PARQUE MULTIAVENTURA
Parque Acuático de Monterrei 2026: nuevas atracciones, fechas y precios para este verano
Lo último
MEJORA EL DATO DEL 2025
Notas de la polémica PAU 2026 en Galicia: el 96,25% aprueba la parte obligatoria
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, jueves 11 de junio